CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

Black Friday 2018 en Verín

21/11/2018 | CCU AEVER Verín

O comercio local de Verín, participa no evento global Black Friday, celebrando o seu propio venres de descontos.  Aínda que é unha iniciativa orixinaria doutro país, Aever apostou unha vez máis por realizar este evento para dinamizar o comercio na vila, e atraer ao público das cidades veciñas.

Tras a impactante campaña na que representamos o peche simulado do comercio local, este Black Friday  preséntase como unha oportunidade de mostrar o apoio aos comerciantes de Verín.

Máis de 50 establecementos participan no Black Friday Verín 2018, ofrecendo descontos e sorpresas nas tendas.

Nas redes sociais realizarase a promoción deste evento utilizando o hastag #BFVerín.

A celebración do Black Friday en Verín coincide, igual que o ano pasado, coa semana das actividades en contra das violencias machistas, e de novo o comercio colabora con esta causa.

Black Friday AEVER Verín
Black Friday Verín 2018

Tamén participan no Black Friday Verín 2018 (debido a un erro non aparecen na imaxe superior):

  • Jesús Óptico (Rúa Deputación)
  • Bicicletas Matías (Avenida de Laza)
  • The Monkey Time (Rúa Irmáns Moreno)

Archivada en: Blog, Promocions

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89
630 35 48 69
info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital