CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

Campamento urbán AEVER

31/07/2018 | CCU AEVER Verín

Campamento urbán AEVER Verín

CCU AEVER Verín organiza, en colaboración co Concello de Verín, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense, o Campamento Urbán AEVER de Verín.

A finalidade desta iniciativa é dinamizar e visibilizar o mercado verinense e, ó mesmo tempo, axudar a que os clientes dos establecementos adscritos a CCU AEVER Verín fagan as súas compras mentres os súas fillas e fillos se divirten no campamento.

Estas son algunhas das actividades que se realizarán no Campamento Urbán AEVER: rockódromo xigante (8 metros), inchables de auga, espazo de humor amarelo, xogos interactivos, touro mecánico, iron-children (70 metros de obstáculos), xincana fotográfica, festa da espuma, tabla de surf... Están pensadas para nenos e nenas de 7 anos en diante.

Terán lugar durante 4 días, do 21 de agosto ó 24 de agosto de 2018, en horario de 18:00 a 21:00. O martes 21 na Praza do Concello, o mércores 22 na Praza da Merced (este día traede bañador, toalla e sandalias de auga), xoves 23 e venres 24 na Praza Gracía Barbón.

Custo do campamento. Para os 4 días: 15 tickets +5€. Para 1 día: 5 tickets + 2€.

Podes conseguir os tickets só tedes que mercar no comercio local de Verín, nas tendas asociadas a CCU AEVER Verín, dende o martes 30 de xullo ó luns 20 de agosto.

A inscrición ó campamento realizaráse o martes 21 de agosto, ás 16:30 na carpa situada no Praza do Concello.

Cargando...
Campamento urbán Verín 2018

Archivada en: Blog

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89
630 35 48 69
info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital