O nadal 2015-2016 en CCU AEVER Verín estivo cheo de actividades moi divertidas.
Pista de Xeo
CCU AEVER Verín, o Concello de Verín e AEHCOM colaboramos para instalar unha pista de xeo na praza García Barbón que durante 10 días foi a atracción máis innovadora da vila atraendo a cativos e maiores da comarca, da provincia e do país veciño.
Ludoteca de nadal
O pavillón dos deportes de Verín, convertiuse por uns días nun espazo de recreo para facilitar a conciliación dos pais e nais coas vacacións dos cativos da casa.
Visita dos Bolechas e sorteo
O día 3 de xaneiro os Bolechas visitaron Verín enchendo de color e ilusión o pavillón, coas súas divertidas actividades. Ademáis da visita dos Bolechas tivo lugar o sorteo dun cheque de 1000 euros para o que durante a época de nadal se repartiron rifas nos establecementos asociados a AEVER CCU Verín. A afortunada veciña tivo un día para utilizar os cheque e mercar moitos regalos nas tendas da vila.