CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

Desfile Verín de moda 2016

12/09/2016 | CCU AEVER Verín

Un ano máis CCU AEVER Verín organiza o evento Verín de Moda 2016 en colaboración co Concello de Verin, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia.

A pasarela Verín de Moda é un evento no que poñer en valor o comercio local. O pavillón dos deportes transfórmase o día 24 de setembro ás 19:30 nunha auténtica pasarela de moda na que os protagonistas serán os produtos dos establecementos participantes: roupa infantil e xuvenil, roupa de muller e de homes, complementos de decoración e floraría.

Os nenos e nenas de Verín serán os modelos máis especiais da gala, e participarán nun casting infantil o día 10 de setembro no que aprenderán a desfilar como auténticos profesionais da moda.

Serán 23 os establecementos membros da Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín os que nos mostrarán todo o potencial do noso comercio como un dos principais motores da economía local.

A Axencia Luena é a encargada de que o evento sexa un éxito como en edicións anteriores. Para seguir toda a información relacionada co evento e cos establecementos participantes tamén se impulsa unha campaña en redes sociais da man de Sendadixital e coa etiqueta #Veríndemoda.

A gala Verín de Moda será unha velada agradable e divertida amenizada pola presentadora Diana Nogueira @DianaNogueiraTV e o cantante participante no programa La Voz Hugo Torreiro @hugotorreiro.

Esperámosvos!

Comercios que participarán no desfile

Roupa infantil

Benetton

Benetton

Bolboreta Moda infantil

Bolboreta Moda infantil e xuvenil

Chiqui Moda infantil

Chiqui Moda infantil

Lunares

Lunares

Patricia Nenos

Patricia Nenos

Píkaros

Píkaros

Roupa adultos

Antollos

Antollos Complementos

La Factoría Moda

La Factoría Moda

Maraxe

Maraxe

Marta Barcala

Marta Barcala

Modas Rosy

Modas Rosy

Modas San José Hombre

Modas San José Hombre

Nicandra

Wall Street Moda

Wall Street Moda

Lencería

Kaprichos Lencería

Kaprichos Lencería

Lencería Glamour

Lencería Glamour

Telas Julia

Telas Julia

Decoración escenario

Casa del mueble decoración Verín

Casa del mueble Decoración

Floristería

Floristería María

Floristería María

Colaboradores

Hortoverín

Hortoverín

logo_sousas
cartel-verindemoda-2016

Archivado en:Blog, Campañas Etiquetado con:2016, campañas, moda, Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89
630 35 48 69
info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital