Parece que foi onte cando xuntamos por primeira vez 6000 euros entre os comerciantes para animar á xente a seguir mercando en Verín, e xa estamos na quinta edición da nosa campaña favorita: Os 6000 de Verín.
É a nosa campaña favorita porque naceu nun momento moi complicado… xa sabedes, alá polo 2020… Comprobamos que unindo as forzas do comercio local coas forzas dunha clientela fiel e orgullosa dun comercio de calidade e proximidade podíamos sair moi reforzados. Por iso con moita ledicia abrimos esta cuarta edición. Adiante!
A campaña iníciase o 14 de novembro, cando máis de 100 comercios participantes comezarán a entregar papeletas para o sorteo dos 6000 de Verín, ata o 26 de decembro.
O día 27 de decembro terá lugar o sorteo ante notario, na sede de AEVER CCU Verín, na que se sortearán:
- 1 cheque de 2000€
- 1 cheque de 1000€
- 2 cheques de 500€
- 5 cheques de 500€
- 10 cheques de 100€
Con esta campaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia buscamos seguir dinamizando o comercio local.
Consulta as bases completas do sorteo aquí.