CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Información
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

Verín distingue cinco negocios locais na primeira edición dos Premios ao Comercio

08/10/2026 | CCU AEVER Verín

Verín distingue cinco negocios locais na primeira edición dos Premios ao Comercio

- Xoguetería Kuqui, Chabela Regalos, Marise Salgado, UnoUno e Santiveri recibiron os galardóns nunha gala celebrada no Auditorio de Verín. O premio honorífico foi para almacenes Recaredo Romero, establecemento histórico da vila.

- A iniciativa, organizada por AEVER co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través de Comercio Galego, contou cunha ampla participación de comerciantes, tecido asociativo e hostaleiro, autoridades e veciñanza.

Verín, 7 de outubro de 2026. O Auditorio de Verín acolleu o pasado venres, 2 de outubro, a primeira edición dos Premios ao Comercio de Verín, unha iniciativa do Centro Comercial Urbano AEVER para recoñecer o traballo dos establecementos locais e das persoas que os impulsan. A gala contou coa asistencia de máis de 200 persoas, entre comerciantes, autoridades autonómicas provinciais e municipais, representantes do tecido hostaleiro e asociativo e cidadanía. A actriz galega Iria Sobrado conduciu a cerimonia, que combinou a entrega de galardóns con espectáculo e música en directo a cargo do grupo Mr Cool.

A iniciativa contou co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través de Comercio Galego, no marco da campaña extraordinaria de AEVER, unha das cinco seleccionadas na convocatoria autonómica de apoio aos centros comerciais abertos. A celebración contou, así mesmo, coa colaboración do Concello de Verín. Os premios, concedidos tras a valoración dun xurado integrado por catro membros, distinguiron cinco ámbitos da actividade comercial.

Xoguetería Kuqui recibiu o recoñecemento á Renovación ou Relevo Xeracional, entregado polo director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén Castro. Nesta categoría tamén foron finalistas Pato Joyeros e Modas San José.

O premio ao Compromiso coa Comunidade e Identidade Local recaeu en Chabela Regalos e foi entregado polo deputado provincial José María Lago. Completaron a relación de finalistas a Clínica Veterinaria San Roque e Xamonería Antonio Martín.

Na categoría de Novo Comercio, o establecemento galardoado foi Marise Salgado, que recibiu o premio de mans do expresidente de AEVER, Santos Álvarez. As Pescadeiras e Tatiana Estética Avanzada foron as outras dúas candidaturas finalistas.

Pola súa banda, UnoUno obtivo o premio á Innovación Comercial de Proximidade, entregado polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane. A esta distinción tamén optaban Abeloura Boutique e Xamonería Antonio Martín.

O recoñecemento á Mellor Comunicación Comercial de Proximidade foi para Santiveri, que recibiu o galardón de mans do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo. Nesta categoría tamén foron finalistas a Clínica Veterinaria San Roque e Coco Shoes.

A cerimonia incluíu, ademais, a entrega do premio honorífico a Almacenes Recaredo Romero, un establecemento histórico da vila. A presidenta de AEVER, Esther Gómez, e a xerente da asociación, Beatriz Duarte, foron as encargadas de entregar esta distinción.

Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, quixo recoñecer o labor de AEVER e destacou o esforzo diario das persoas que están detrás do comercio de proximidade, así como a súa contribución á identidade de Verín e á actividade das súas rúas.

A presidenta de AEVER, Esther Gómez, destacou que «detrás de cada comercio hai persoas que dedican moitas horas, ilusión e esforzo a sacar adiante o seu negocio. Con estes premios queremos recoñecer ese traballo, tanto de quen leva décadas atendendo á veciñanza como de quen acaba de abrir as súas portas. Esta primeira gala é tamén un agradecemento á clientela que segue confiando no comercio de Verín».

No transcurso do acto celebrouse tamén o sorteo de dous cruceiros polo Mediterráneo da campaña “Viaxa co Comercio”, promovida por AEVER co financiamento do Inorde, no que resultaron premiados Victoria Echevarría e Oriol. Con esta proposta, a asociación quixo premiar a fidelidade da clientela e animar a seguir comprando nos establecementos da vila.

Publicado en: Blog, Campañas Etiquetado como: 2026, Verín

Cofinanciado:

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89

info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital

De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento:
Responsable: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE VERÍN
Fines del tratamiento: mantener una relación comercial y enviar comunicaciones de productos o servicios
Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición
Más información del tratamiento en la Política de privacidad
O Acepto el tratamiento de mis datos para el envío de comunicaciones de productos o servicios
CONFIGURARACEPTARLEER MÁS
Política de cookies

Privacy Overview

De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento:
Responsable: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE VERÍN
Fines del tratamiento: mantener una relación comercial y enviar comunicaciones de productos o servicios
Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición
Más información del tratamiento en la Política de privacidad
CONFIGURARACEPTARLEER MÁS

O Acepto el tratamiento de mis datos para el envío de comunicaciones de productos o servicios
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. These cookies ensure basic functionalities and security features of the website, anonymously.
CookieDuraciónDescripción
cookielawinfo-checkbox-analytics11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics".
cookielawinfo-checkbox-functional11 monthsThe cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional".
cookielawinfo-checkbox-necessary11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary".
cookielawinfo-checkbox-others11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other.
cookielawinfo-checkbox-performance11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance".
viewed_cookie_policy11 monthsThe cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data.
Analytics
Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.
CookieDuraciónDescripción
Google analytics_gat, _ga, _gid
GUARDAR Y ACEPTAR