Xuntos polo comercio Do 12 ao 26 de xuño, as compras realizadas nos establecementos adheridos permitirán participar no sorteo de diferentes premios para dúas persoas. Como participar Para participar será necesario: Realizar unha compra por importe mínimo de 20 € nun comercio adherido. Conservar o ticket de compra. Cubrir os datos de contacto solicitados. Depositar […]
Noite de Compras en Verín
O vindeiro 26 de xuño, Verín acollerá unha nova edición da Noite de Compras, unha xornada especial para gozar do comercio local nun ambiente festivo e cheo de animación. Os establecementos participantes permanecerán abertos en horario especial, de 20:00 a 23:00 horas, ofrecendo aos visitantes a oportunidade de realizar as súas compras con tranquilidade e […]
Colaboración da Asociación de Empresarios de Verín coa Revolta Irmandiña
A Asociación de Empresarios de Verín colaborará na promoción da Revolta Irmandiña, unha carreira de obstáculos que se celebrará no municipio o 14 de xuño, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva e a participación cidadá nunha actividade lúdica e saudable. Campaña de apoio ao comercio local Como parte desta colaboración, a asociación porá en […]
Día das Letras Galegas en Verín: música, literatura e vida nas rúas para homenaxear a Begoña Caamaño
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora Begoña Caamaño, a Asociación de Empresarios de Verín impulsa unha proposta cultural que busca encher de actividade, música e palabras as principais rúas comerciais da vila. A iniciativa pretende honrar a autora homenaxeada e, ao mesmo tempo, dinamizar o comercio local, […]
Día dos Maios: Cada Salto Conta!
Con motivo da celebración dos Maios e como vén sendo tradición cada ano, Aever organizará o próximo 1 de maio, dentro da programación desta festividade, unha xornada solidaria coa finalidade de recadar fondos para a AECC, a través dos seus inchables solidarios. Para participar, as persoas asistentes deberán presentar tickets de compra correspondentes ás compras […]
Campaña Especial Día da Nai en Verín
No municipio de Verín, o comercio local únese para celebrar unha das datas máis especiais do ano cunha nova campaña de dinamización promovida pola Asociación de Empresarios de Verín. Coincidindo coa celebración do Día da Nai, os establecementos asociados participantes porán en marcha unha iniciativa pensada para premiar ás persoas que apostan polas compras de […]
Nova sesión formativa en AEVER sobre a aplicación Lopróximo
Onte en AEVER tivemos unha sesión de formación sobre a aplicación Lopróximo, unha ferramenta pensada para impulsar e modernizar a xestión e a visibilidade do comercio local. Durante a formación coñecemos as súas principais funcionalidades, como a mellora da conexión entre comercios e clientes, a promoción de produtos e servizos de proximidade, e as opcións […]
AEVER participa na xornada “Encontros con Asociacións” organizada pola Confederación Empresarial de Ourense
A Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín (AEVER) participou na xornada “Encontros con Asociacións”, organizada pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO), un espazo concibido para fomentar o diálogo, a colaboración e a conexión entre o tecido empresarial da provincia. O encontro reuniu a representantes de distintas asociacións empresariais de Ourense, entre elas Verín, O […]
Xoves e Venres Santo Aberto
¡Xoves e Venres Santo Aberto con AEVER! En AEVER celebramos o Xoves e Vernes Santo cunha campaña especial para dinamizar o comercio local. Durante este día, os nosos establecementos permanecerán abertos só en horario de mañá, para que veciños e visitantes poidan gozar dunha xornada de compras. Ademais, queremos premiar a túa confianza: sorteamos 3 […]
Campaña Pozo do demo
A Asociación de Empresarios de Verín colaborará coa organización do evento deportivo Trail Pozo do Demo, unha proba dirixida tanto a público adulto como infantil que se celebrará en Verín. Co obxectivo de apoiar esta iniciativa deportiva e fomentar o consumo no comercio local, a asociación realizará o sorteo de dous dorsais para participar na […]











