Xuntos polo comercio
Do 12 ao 26 de xuño, as compras realizadas nos establecementos adheridos permitirán participar no sorteo de diferentes premios para dúas persoas.
Como participar
Para participar será necesario:
-
Realizar unha compra por importe mínimo de 20 € nun comercio adherido.
-
Conservar o ticket de compra.
-
Cubrir os datos de contacto solicitados.
-
Depositar o ticket na urna habilitada para tal fin.
Premios
Sortearanse premios consistentes nunha estancia dunha noite para dúas persoas nos municipios participantes na campaña.
Participación cruzada
Co obxectivo de fomentar as compras nos tres municipios participantes:
-
As persoas consumidoras que realicen as súas compras en Verín optarán aos premios correspondentes a Xinzo de Limia e Celanova.
-
As persoas consumidoras que participen en Xinzo de Limia e Celanova optarán aos premios correspondentes a Verín.
Sorteo
O sorteo realizarase o día 26 de xuño, en directo, no lugar designado pola asociación organizadora.
Apoio ao comercio local
Esta iniciativa ten como finalidade incentivar as compras no comercio de proximidade, poñendo en valor a súa contribución ao desenvolvemento económico e social do territorio.
Merca no comercio local e participa na campaña.

