Unha nova edición da campaña Merca no teu comercio Ourense está en marcha dende o 1 ao 20 de novembro. Para participar :
-Merca no comercio galego de proximidade
-Fotografía e garda o teu ticket de compra
-Rexistra a túa compra na web: https://mercanoteucomercioourenseoutono.com/
Pódense multiplicar as posibilidades de gañar, se a tenda rexistra o ticket tamén.
Sortéanse 11000 euros en 50 bonos de 200€e 1000€ na gala final.
O dia 28 de novembro terá lugar a «Gala de entrega de premios» en Verín, na que ademais de entregar os 50 bonos de 200€ sortearanse 1000€ para gastar nunha xornada de compras.
Para acceder á gala, na que habrá actuacións en directo, é preciso presentar un único ticket de compra nun dos establecementos asociados, e o sorteo será presencial e en directo.
Toda a información sobre a campaña está na web da mesma:
https://mercanoteucomercioourenseoutono.com
É unha campaña organizada por: Xunta de Galicia, Federación Galega de Comercio e Federación de Comercio de Ourense e colaboran Femxa e Abanca