CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Información
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

Apoimaos en participamos no FIC Vía XIV 2023

28/07/2023 | CCU AEVER Verín

Dende Aever apoia o desenvolvemento do FIC Vía XIV propoñendo, como en anos anteriores, a posta en marcha dun concurso no que animamos ós establecementos da vila a decorar os seus escaparates con motivos relacionados coa sétima arte.

Os tres mellores escaparates serán premiados con 150, 75 e 50 euros respectivamente e os establecementos distinguidos polo xurado daranse a coñecer no decurso da semana do certame. Os premios non poderán ser acumulables a un mesmo comercio.

Encerrona

Xunto a isto, Aever vai sortear entre todos aqueles que realicen compras nos establecementos asociados entradas para o espectáculo que o actor Pepe Viyuela ofrecerá no Auditorio na xornada do 9 de setembro, as 20:00 horas: Encerrona.

Para optar a gañar un dos tickets gratuítos só hai que realizar unha compra en calquera dos establecementos da asociación e cubrir unha ficha cos datos de contacto daquel que participa.

O sorteo celebrarase como mínimo unha semana antes da visita de Viyuela a Verín e os tickets poderán ser recollidos nos puntos que a organización do FIC e Aever determinen. Este sorteo terá lugar na sede da Asociación de Empresarios de Verín.

Poderán participar en ambas as iniciativas todos os establecementos comerciais asociados a Aever e que o soliciten. A Asociación Cultural Vía XIV designará aos integrantes do xurado no caso do concurso de escaparates e o seu fallo será inapelable. Os locais comerciais interesados en inscribirse poden facelo a través do mail info@ccaverin.com ou enviando un whatsapp ao telefono 630 354 869.

BASES DE PARTICIPACIÓN NO CONCURSO «ESCAPARATES DE CINEMA»

CONCURSO DE ESCAPARATES DE CINEMA VERÍN 2023

1.-PARTICIPACIÓN

Poderán participar neste concurso todos os establecementos comerciais adheirods a Aever.

2.- VALORACIÓN

O leit motiv que centra a acción é o ámbito cinematográfico, que deberá ser o protagonista dos escaparates comerciais que opten aos premios. Deixarase total liberdade en canto a técnica e a estilo, valorando estes tres criterios:

–creatividade e orixinalidade

–combinación de elementos e cores

–iluminación e composición

A valoración máxima por cada un destes criterios será de tres puntos e o mellor escaparate será aquel que posúa a máxima puntuación.

3.- INSCRICIÓNS

Os locais comerciais interesados en tomar parte na iniciativa poden facelo a través do email info@ccaverin.com ou enviando un WhatsApp ao teléfono 630 354 869. O prazo límite para formalizar a inscrición finalizará ás 14,30 horas do luns 28 de agosto. O simple feito de inscribirse no concurso leva implícita a aceptación destas bases.

4.- OBRIGAS

Os participantes deberán dispoñer os escaparates con motivos relacionados coa sétima arte dende o venres 1 ata o domingo 17 de setembro. Ademáis, deberá estar visible o distintivo de participación no concurso facilitado no momento da inscrición.

5.- XURADO E PREMIOS

A Asociación Cultural Vía XIV designará aos membros do xurado, composto por un membro do Concello e por dous profesionais relacionados co eido do deseño artístico e/ou do escaparatismo.

O seu fallo será inapelable. O xurado visitará os escaparates seleccionados e outorgará premios aos tres mellores (150 euros para o primeiro, 75 euros para o segundo e 50 euros para o terceiro).

A relación de premiados farase pública durante o transcurso do Festival Internacional de Curtas de Verín, que se celebrará na vila entre o 8 e o 19 de setembro. Os premios non poderán ser acumulables a un mesmo comercio.

FIC Vía XIV Aever Verín

Publicado en: Blog, Promocions Etiquetado como: 2023, participamos, Verín

Cofinanciado:

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89
630 35 48 69
info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital

De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento:
Responsable: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE VERÍN
Fines del tratamiento: mantener una relación comercial y enviar comunicaciones de productos o servicios
Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición
Más información del tratamiento en la Política de privacidad
O Acepto el tratamiento de mis datos para el envío de comunicaciones de productos o servicios
CONFIGURARACEPTARLEER MÁS
Política de cookies

Privacy Overview

De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento:
Responsable: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE VERÍN
Fines del tratamiento: mantener una relación comercial y enviar comunicaciones de productos o servicios
Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición
Más información del tratamiento en la Política de privacidad
CONFIGURARACEPTARLEER MÁS

O Acepto el tratamiento de mis datos para el envío de comunicaciones de productos o servicios
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. These cookies ensure basic functionalities and security features of the website, anonymously.
CookieDuraciónDescripción
cookielawinfo-checkbox-analytics11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics".
cookielawinfo-checkbox-functional11 monthsThe cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional".
cookielawinfo-checkbox-necessary11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary".
cookielawinfo-checkbox-others11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other.
cookielawinfo-checkbox-performance11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance".
viewed_cookie_policy11 monthsThe cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data.
Analytics
Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.
CookieDuraciónDescripción
Google analytics_gat, _ga, _gid
GUARDAR Y ACEPTAR