Grandísimas cestas son as que se levarán o último nacemento deste ano 2017 e os primeiros do ano novo 2018, no centro hospitalario de Verín.
As cestas, valoradas en máis de 2500€, están formadas por múltiples e variados agasallos, doados por unha parte importante dos asociados a CCU AEVER. Máis de 70 mulleres e homes, comerciantes de Verín, que non dubidaron en colaborar con esta bonita iniciativa.
A iniciativa partiu de un grupo de matronas do centro hospitalario de Verín. En canto se puxeron en contacto con nós a resposta dos asociados superou con creces as expectativas. De aí que se pasara de unha a dúas cestas.
Dende CCU AEVER participamos nesta campaña para visibilizar e dinamizar o comercio local de Verín, e por en valor a importancia de que a nosa vila siga medrando.