O noso comercio local de Verín únese á campaña global do Black Friday, aínda que nós preferimos chamarlle Venres Negro, que é máis noso.
Ampliamos a campaña do venres 27 ao sábado 28 para facilitar as túas compras.
Sabes por que debes elexir o Black Friday de Verín?
PORQUE SOMOS AS TÚAS VECIÑAS E VECIÑOS.
Cando merques nos establecementos de Aever CCU Verín adheridos á campaña poderás participar no sorteo de 4 pasaportes de compras de 50€ para que sigas mercando no comercio local.
QUE TEÑO QUE FACER PARA PARTICIPAR NO SORTEO DO BLACK FRIDAY VERÍN?
- Garda o tique das compras que realices o venres e o sábado nos establecemento asociados que participan na campaña. (son case 50!)
- Rexistra o tique de compra xunto cos datos do establecemento e o teu nome, apelidos e teléfono no seguinte formulario
FORMULARIO PARA REXISTRAR AS COMPRAS
https://forms.gle/FZQPSpSqdB7rpck99
- Estate atenta/o ás nosas rede sociais porque o día 1 de decembro publicaremos os resultados do sorteo.
- Si es unha das persoas afortunadas, porémonos en contacto contigo a través do teléfono para que veñas a recoller o teu pasaporte de compra, do que poderás disfrutar entre os días 1 e 6 de decembro.
Moitas gracias por seguir elexindo o comercio local de Verín!
Esta campaña lévase a cabo coa cofinanciación da Xunta de Galicia.
O Black Friday ou venres negro levarase a cabo en Verín os días 28 e 29 de novembro, cunha perspectiva local e de sensibilización cara ó consumo no pequeno comercio. Dende a Aever CCU Verín destacamos os valores do comercio local, o coñecemento das necesidades e preferencias das clientas e clientes, a personalización no trato, e a cercanía como piares que as grandes plataformas nunca poderán ofrecer. E conscientes das grandes transformacións nos hábitos de consumo das persoas, seguimos poñendo en valor o significado do comercio local tamén como motor dinamizador da vila.


