Este venres 25 de novembro, 68 tendas asociadas a AEVER participan no primeiro Black Friday Verín, un día no que os descontos e as actividades en tendas e rúas queren atraer ao público a realizar as súas compras pre-navideñas en Verín.
As tendas estarán abertas ata as 22:00 horas e haberá sorpresas para que ademáis de un día de compras sexa un día divertido.
A orixe do Black Friday
O Black Friday ou venres negro, é unha tradición estadounidense na que as tendas ofrecen importantes descontos o venres seguinte a festa de “acción de gracias” para iniciar a campaña navideña e transformar os números “vermellos” en números negros. Son moi coñecidas as imaxes da xente abrindo as portas dos centros comerciais abarrotados e abalanzándose sobre os produtos con importantes descontos.
Dende fai uns anos, esta tradición realízase en moitos lugares afastados de Estados Unidos, e debido ao éxito e a consolidación do black friday como un día de descontos e compras, tamén en AEVER queremos participar ofrecendo descontos e sorpresas aos visitantes, amigos e clientes.
Os participantes no Black Friday Verín
Participan 68 negocios asociados a AEVER, que ofrecerán descontos e sorpresas. Nas redes sociais utilizaremos o hastag #bfVerín para mostrar que en Verín se compra ben todos os días, e por suposto tamén o venres negro.