Chegou unha nova edición dos Bonos Activa Comercio da Federación Galega de Comercio e con eles un novo motivo de alegría para o comercio local, xa que a clientela poderase beneficiar de interesantes descontos a partir do 26 de abril. Antes de dita data os comercios teñen un prazo para adherirse á campaña e preparala.
O procedemento para descargar os bonos é moi sinxelo, nas nosas redes sociais difundimos información sobre esta campaña, dende a asociación acompañamos nas dúbidas que poidan xurdir entre os asociados e animamos á poboación a que utilice esta campaña para continuar apostando polo comercio local.
COMERCIANTES Prazo de adhesión: Do 16 de abril ao 1 de setembro de 2024
CLIENTES Prazo de utilización de bonos:Do 26 de abril ao 15 de setembro de 2024, salvo esgotamento previo do crédito do programa
Para participar é necesario entrar na web https://www.bonosactivacomercio.gal/