
CCU AEVER Verín organiza, en colaboración co Concello de Verín, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense, o Campamento Urbán AEVER de Verín.
A finalidade desta iniciativa é dinamizar e visibilizar o mercado verinense e, ó mesmo tempo, axudar a que os clientes dos establecementos adscritos a CCU AEVER Verín fagan as súas compras mentres os súas fillas e fillos se divirten no campamento.
Estas son algunhas das actividades que se realizarán no Campamento Urbán AEVER: rockódromo xigante (8 metros), inchables de auga, espazo de humor amarelo, xogos interactivos, touro mecánico, iron-children (70 metros de obstáculos), xincana fotográfica, festa da espuma, tabla de surf... Están pensadas para nenos e nenas de 7 anos en diante.
Terán lugar durante 4 días, do 21 de agosto ó 24 de agosto de 2018, en horario de 18:00 a 21:00. O martes 21 na Praza do Concello, o mércores 22 na Praza da Merced (este día traede bañador, toalla e sandalias de auga), xoves 23 e venres 24 na Praza Gracía Barbón.
Custo do campamento. Para os 4 días: 15 tickets +5€. Para 1 día: 5 tickets + 2€.
Podes conseguir os tickets só tedes que mercar no comercio local de Verín, nas tendas asociadas a CCU AEVER Verín, dende o martes 30 de xullo ó luns 20 de agosto.
A inscrición ó campamento realizaráse o martes 21 de agosto, ás 16:30 na carpa situada no Praza do Concello.