CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

CCU AEVER participa na II Feira Solidaria de Verín

27/04/2017 | CCU AEVER Verín

IMG_20170426_202712

O vindeiro luns 1 de maio participamos na segunda Feira Solidaria organizada polo Concello de Verín onde entidades sen ánimo de lucro da comarca teñen unha cita coa poboación na que darán a coñecer as súas actividades nun entorno festivo e lúdico.

CCU AEVER participa cun stand informativo da asociación no que se poderá obter un roteiro comercial dos establecementos asociados, e toda a información sobre servizos e vantaxes de asociarse.

En colaboración con Saudeter haberá dous inchables solidarios, que terán un prezo de 1 euro. A recadación dos inchables ten como fin solidario axudar a unha nena da nosa comarca.

A Feira Solidaria coincide coa celebración da tradicional festa dos maios, podedes ver o programa completo na web do Concello de Verín.

Esperámosvos na Praza García Barbón, o luns 1 de maio, de 11:00 a 20:00, non podedes faltar.

Recordade compartir nas vosas redes sociais para encher Verín de solidariedade!!!

Archivado en:Blog Etiquetado con:2017, Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89
630 35 48 69
info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital