CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

Colaboramos cos Días azuis do comercio galego

15/06/2017 | CCU AEVER Verín

Dende CCU AEVER Verín colaboramos coa campaña “Días Azuis do comercio galego”, unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia en colaboración coas federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.

A campaña “Días Azuis do comercio galego” terá lugar entre o 16 e o 30 de xuño de 2017 e nela poderán participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 16.000 euros en premios (distribuidos en 8 tarxetas prepago regalo de 500 euros, 20 tarxetas de 300 euros e 40 tarxetas de 150 euros) que deberán ser empregados para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos. O sorteo realizarase ante notario o 5 de xullo de 2017.

Os teus clientes poden participar de 3 maneiras diferentes:

  1. Enviar un SMS co texto “DIASAZUIS-NOME E APELIDOS” ó 981 099 093 (coste do SMS segundo a tarifa contratada co seu operador).
  2. Rexistrar a súa compra en www.diasazuis.com
  3. Ou coa túa colaboración, comerciante, a través da plataforma www.diasazuis.com/comercios, onde podes rexistrar directamente a operación de compra dos teus clientes. Deste xeito, o consumidor duplica a participación para o sorteo.

*En tódolos casos, o cliente debe fotografíar e/ou gardar o seu ticket de compra como xustificante da mesma.

PREMIOS ABANCA PARA OS COMERCIOS

Paralelamente á campaña dirixida ós clientes, ABANCA realiza un sorteo entre todos os comercios clientes que facturen con TPV ABANCA (tanto con tarxetas propias como alleas) ou realicen operacións de financiamento de compra APLAZOS nas datas comprendidas entre o 16 e o 30 de xuño de 2017.

Por cada 100 euros de facturación, o comercio obterá unha participación; e sortearanse 4 premios de 1.000 euros (1 premio por provincia). O sorteo terá lugar por parte de ABANCA antes do 5 de xullo de 2017 e os premios ós comerciantes entregaranse no acto final da presente campaña.

ACTIVIDADES ESPECIAIS

Para darlle máis impacto e efectividade á campaña “Días Azuis do comercio galego”, invitámosche a realizar durante esos días actividades especiais paralelas no teu propio establemento: actuacións, obsequios, ágapes, descontos especiais, etc.

Agardando que esta iniciativa sexa do teu agrado, solicitamos a túa colaboración e poñemos á túa disposición toda a información a través de www.diasazuis.com e www.diasazuis.com/comercios. Ademáis, podes consultar calquera dúbida ó respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico dptocomunicacion@comerciogalicia.es

dias-azuis

Archivado en:Blog

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89
630 35 48 69
info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital