A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín, Aever, continúa a apoiar o FIC Vía XIV, dinamizando a vida cultural da vila a través da súa implicación directa. Este ano, Aever organiza un sorteo de de 5 entradas dobres para o monólogo «Aquí Tou», que será protagonizado polo coñecido actor e humorista galego Touriñán. O espectáculo terá lugar o próximo 31 de agosto ás 22:15 no Auditorio de Verín.
En «Aquí Tou», Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio, repasando momentos clave cos que todos os galegos se poden sentir identificados. Mesturando realidade e ficción, tenrura e picardía, anécdotas persoais e cultura popular galega, Touriñán lévanos pola súa vida nun monólogo no que conta e representa as decisións boas e malas, así como os feitos casuais que o converteron na persoa que é hoxe.
Os clientes que realicen unha compra en calquera dos establecementos asociados a Aever terán a oportunidade de participar no sorteo de entradas para este espectáculo. Para participar, será necesario enviar unha foto do teu tícket ao correo aeverccu@gmail.com indicando nome e teléfono. O sorteo de 5 entradas dobres (10 entradas en total) farase o 30 de agosto a través das redes sociais de Aever.
- Os establecementos tamén entregarán os seus clientes unas entradas solidarias para poder aceder as curtas de forma gartuita e poder así dar a vontade para axudar o FIC Vía XIV
Con esta acción, Aever e o FIC Vía XIV reforzan a súa colaboración para facer de Verín un referente cultural e comercial na comarca.
Campaña cofinanciado pola Xunta de Galicia.