O día 4 de maio celébrase o Día da Nai, e no comercio local tamén celebramos este bonito día ofrecéndovos centos de ideas para regalarlles e sobre todo canto as queredes.
Nos establecementos atoparedes uns preciosos corazóns cos que podedes facervos fotos para enviarlles e dicirlles que as queredes e ademais sorteamos 500 euros, repartidos en 5 pasaportes de 100 euros para seguir mercando no comercio local.
Para participar no sorteo só teredes que rexistrar as compras realizadas entre o 25 e o 6 de maio nos establecementos adheridos a AEVER CCU Verín no seguinte formulario:
https://forms.gle/auroewHAoh5AKNQf6
O día 6 de maio realizaremos o sorteo dos 5 pasaportes de compras de 100 euros e daremos a coñercer as persoas gañadoras a través das nosas redes sociais.
Esta campaña lévase a cabo gracias a cofinanciación da Xunta de Galicia.
