Con motivo da celebración dos Maios e como vén sendo tradición cada ano, Aever organizará o próximo 1 de maio, dentro da programación desta festividade, unha xornada solidaria coa finalidade de recadar fondos para a AECC, a través dos seus inchables solidarios.
Para participar, as persoas asistentes deberán presentar tickets de compra correspondentes ás compras realizadas entre o 23 e o 30 de abril e achegar 1 €, podendo así acceder aos inchables solidarios.
As persoas que non presenten ticket poderán participar igualmente cun prezo de acceso de 3 €.
Todo o importe recadado durante a xornada será integramente destinado á AECC.
Animámosvos a participar nesta iniciativa solidaria, enmarcada dentro da celebración dos Maios, e colaborar cunha causa de gran importancia.

