O próximo 19 de marzo celebramos o Día do Pai. Desde a nosa asociación seguimos traballando e apostando polo comercio local.
Dende hoxe ata o 19 de marzo, podedes rexistrar os vosos tickets de compras realizadas nos establecementos asociados a CCU AEVER para participar no sorteo de 3 cheques de 50€, que poderedes gastar nos comercios que máis vos gusten.
Ademais, tamén poderedes participar no sorteo dun cheque de 20€ se subides unha foto co voso pai nas redes sociais e nos etiquetades.
Aproveitando que estaremos na Festa do Lázaro, poderedes usar eses tickets para participar nas sorpresas e agasallos que temos preparados na feira, e será unha gran oportunidade para coñecer mellor a nosa asociación.
Para rexistrar a vosa compra só tedes que acceder ó formulario, e podedes facelo ata o propio día 19 de marzo :
O 23 de marzo celebraremos o sorteo en directo na nosa sede, e despois contactaremos por teléfono con cada persoa gañadora.
Grazas por seguir confiando nos nosos comercios
Esta campaña lévase a cabo gracias a cofinanciación da Xunta de Galicia


