Volve a campaña «Días azuis do Comercio Galego» é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia en colaboración coas federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia e ABANCA.
Como en anteriores edicións, nos establecementos asociados a AEVER, en Verín, podes participar nesta campaña que ten deixado centos de euros en premios na nosa vila.
A campaña Días azuis- Edición verán 2023, terá lugar entre o 5 e o 25 de xuño de 2023 e nela poden participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 12.000 euros en premios, distribuidos en 24 tarxetas prepago regalo de 250 euros e 40 tarxetas de 150 euros. Estas tarxetas só poden ser empregadas para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos. O sorteo realizarase ante notario o 29 de xuño de 2023.
Como participar na campaña Días Azuis?
Identifica os establecementos colaboradores, que teñen a cartelería da campaña, realiza a túa compra como sempre, no comercio local e despois rexistra a túa compra, tes dúas maneiras diferentes, toma nota!
1. Rexistrar a túa compra na web web www.diasazuis.com
2. Que sexa o/a comerciante quen rexitstre a compra a través da páxina web www.diasazuis.com/
* En ámbolos dous casos, ti como cliente debes fotografiar e/ou gardar o teu ticket de compra como xustificante da mesma.
Podes consultar calquera dúbida ao respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico dptocomunicacion@
Xa van moitas colaboracións coa campaña «Días azuis do comercio galego», e sempre toca en Verín!
