CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

Diversión, compras e maxia no nadal de Verín

05/01/2017 | CCU AEVER Verín

Un ano máis CCU AEVER participou na programación do nadal de Verín colaborando xunto con outras entidades en actividades de dinamización do comercio, dirixidas a público adulto e aos protagonistas destas festas: os nenos e nenas.

A pista de patinaxe sobre xeo sintético, tras o éxito acadado en 2015, foi a atracción máis esperada, e na súa segunda edición consolidouse como un atractivo do nadal en Verín, recibindo máis de 3200 visitas. Igual que o ano pasado, os establecementos asociados a CCU AEVER regalaron aos seus clientes descontos de 2€ para acceder á pista instalada na praza García Barbón. Tamén se repartiron nos comercios os boletos para o sorteo de 1000€ que premia as compras na vila.

A Gala Máxica culminou a programación de nadal coa actuación dos magos Magomimo Anyo e Mago Xacobe, a entrega de premios do concurso de escaparates organizado pola Cámara de Comercio, e o sorteo do cheque de 1000€. Foi unha gala moi especial e divertida, na que os máis pequenos participaron e riron coas bromas dos magos, que ademáis compartiron algúns trucos secretos que de seguro animarán as ceas de reis. Música, maxia, mimo, e ilusión que se manterán durante toda a semana grazas á visita dos Reis Magos.

gala-maxica-ccu-aever-verin-5
Felices-Festas-AEVER
aever-verin-nadal-xeo-2016-1
aever-verin-nadal-xeo-2016-3
gala-maxica-ccu-aever-verin-1
gala-maxica-ccu-aever-verin-2
gala-maxica-ccu-aever-verin-3
gala-maxica-ccu-aever-verin-4

Archivado en:Blog, Campañas Etiquetado con:2017, campañas, Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89
630 35 48 69
info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital