Comezamos o mes de maio cun evento que nos fai especial ilusión como asociación, xa que un dos valores que nos move é a solidariedade.
Participamos na II Feira solidaria de Verín cun stand no que demos información sobre a asociación e sobre cómo asociarse. Comezamos a repartir o rueiro comercial no que se poden atopar os establecementos asociados a CCU AEVER, agrupados por sectores e ubicados no mapa.
Pero o realmente emocionante da participación da asociación na feira foi ver cómo moita xente fixo aportacións para axudar a nosa pequena veciña Valeria.
Finalmente recadamos 410€, entre aportacións e adquisición de tiquets para os inchables que puxemos en colaboración con Saudeter.
O ambiente na Feira Solidaria foi moi bó, e os visitantes puideron coñecer diversas iniciativas sen ánimo de lucro da comarca, do ámbito da iniciativa social, deportivo, cultural ou de protección de animais. Algunhas destas entidades tamén recadaron axudas para Valeria.
Así que este precioso inicio de maio, tan soleado e tan solidario foi por Valeria!!!