Febreiro é o mes do amor sempre e do Entroido case sempre! Este ano celebramos o día dos namorados ou San Valentín ao mesmo tempo que o sábado de Entroido. Así que entre charangas, cigarróns, capuchóns e disfraces tamén haberá lugar para o romanticismo e o amor.
E como temos dúas datas moi sinaladas para o comercio local dende AEVER CCU lanzamos unha dobre campaña!
- SORTEO DE 3 PASAPORTES DE COMPRA DE 50 € POLAS COMPRAS DE ENTROIDO E SAN VALENTÍN
- RETO “PIDE MATRIMONIO EN VERÍN”
SORTEO DE 3 PASAPORTES
As compras realizadas no comercio local entre o 5 e 22 de febreiro (domingo de piñata) participarán no sorteo de 3 pasaportes de compras de 50 € para seguir mercando no comercio local de Verín.
Temos de todo para o entroido e tamén para dicirlle “quérote” á túa parella! Alimentación, arte, automoción, bazar, beleza, bodega, construcción, deporte, electrodomésticos, estancos, ferretería, floraría, fogar, fotografía, informática, librería-papelería, mascotas, moda, ocio, regalos, restauración, saúde, servizos, viaxes, xoguetería e xoiaría
Que teño que facer para ganar un dos 3 pasaportes de compras?
- Fai as túas compras nos establecementos asociados a AEVER CCU
- Rexistra o teu tícket de compra no seguinte formulario: https://forms.gle/yQdJnWxHuEZPx4Fh6
- Estate atenta/o porque o día 23 de febreiro realizaremos o sorteo nas nosas redes sociais e chamaremos ás persoas gañadoras para que poidan disfrutar dos seus pasaportes de compras mercando no comercio local de Verín.
RETO “PIDE MATRIMONIO EN VERÍN”
Tes unha pedida de matrimonio especial?
Envíanos o teu vídeo e participa para gañar un pack de condicións vantaxosas para a túa voda , descontos e regalos en xoiería, calzado, moda, servizos, fogar…
Que teño que facer para participar?
Fai un video de “pedida de matrimonio” xunto coa túa parella.
- Envía o vídeo a AEVER CCU a través de Whatsapp, Instagram ou Facebook entre o 9 de febreiro e o 20 de febreiro ás 9:00 horas.
- Enche o formulario: debes ler, comprender e aceptar as bases de participación: https://forms.gle/Q4DCvTaXCxXBHRnk9
Como funciona o concurso?
O vídeos das parellas participantes subiranse ás redes sociais de Aever CCU Dende o 20 de febreiro ás 15:00 ao 24 de febreiro ás 18:00 .
O vídeo de pedida de matrimonio que obteña máis “gústame/ likes” nas redes sociais da asociación será o gañador do premio, e a parella gañadora recibirá un marabilloso premio de parte do comercio local de Verín para a súa voda.
O resultado do concurso publicarémolo o día 25 de febreiro nas nosas redes sociais e contactaremos coa parella gañadora para entregarlle o pack e desexarlle moitísima felicidade!!


