Febreiro é o mes do amor sempre e do Entroido case sempre! Este ano celebramos o día dos namorados ou San Valentín ao mesmo tempo que o sábado de Entroido. Así que entre charangas, cigarróns, capuchóns e disfraces tamén haberá lugar para o romanticismo e o amor.
E como temos dúas datas moi sinaladas para o comercio local dende AEVER CCU lanzamos unha dobre campaña!
- SORTEO DE 3 PASAPORTES DE COMPRA DE 50 € POLAS COMPRAS DE ENTROIDO E SAN VALENTÍN
- RETO “PIDE MATRIMONIO EN VERÍN”
SORTEO DE 3 PASAPORTES
As compras realizadas no comercio local entre o 5 e 22 de febreiro (domingo de piñata) participarán no sorteo de 3 pasaportes de compras de 50 € para seguir mercando no comercio local de Verín.
Temos de todo para o entroido e tamén para dicirlle “quérote” á túa parella! Alimentación, arte, automoción, bazar, beleza, bodega, construcción, deporte, electrodomésticos, estancos, ferretería, floraría, fogar, fotografía, informática, librería-papelería, mascotas, moda, ocio, regalos, restauración, saúde, servizos, viaxes, xoguetería e xoiaría
Que teño que facer para ganar un dos 3 pasaportes de compras?
- Fai as túas compras nos establecementos asociados a AEVER CCU
- Rexistra o teu tícket de compra no seguinte formulario: https://forms.gle/yQdJnWxHuEZPx4Fh6
- Estate atenta/o porque o día 23 de febreiro realizaremos o sorteo nas nosas redes sociais e chamaremos ás persoas gañadoras para que poidan disfrutar dos seus pasaportes de compras mercando no comercio local de Verín.
RETO “PIDE MATRIMONIO EN VERÍN”
Tes unha pedida de matrimonio especial?
Envíanos o teu vídeo e participa para gañar un pack de condicións vantaxosas para a túa voda , descontos e regalos en xoiería, calzado, moda, servizos, fogar…
Que teño que facer para participar?
Fai un video de “pedida de matrimonio” xunto coa túa parella.
- Envía o vídeo a AEVER CCU a través de Whatsapp, Instagram ou Facebook entre o 9 de febreiro e o 20 de febreiro ás 9:00 horas.
- Enche o formulario: debes ler, comprender e aceptar as bases de participación: https://forms.gle/Q4DCvTaXCxXBHRnk9
Como funciona o concurso?
O vídeos das parellas participantes subiranse ás redes sociais de Aever CCU Dende o 20 de febreiro ás 15:00 ao 24 de febreiro ás 18:00 .
O vídeo de pedida de matrimonio que obteña máis “gústame/ likes” nas redes sociais da asociación será o gañador do premio, e a parella gañadora recibirá un marabilloso premio de parte do comercio local de Verín para a súa voda.
O resultado do concurso publicarémolo o día 25 de febreiro nas nosas redes sociais e contactaremos coa parella gañadora para entregarlle o pack e desexarlle moitísima felicidade!!
Listado de descontos e regalos para a parella gañadora do RETO “PIDE MATRIMONIO EN VERÍN”
· CHABELA REGALOS
10% en xoiería para noiva e madriña
· BAZAR A MERCED
5% nos detalles de voda
· CALZADOS ARAUJO
10% zapatos de noiva, noivo, madriña e padriño
· GOLFIÑOS MODA INFANTIL
20% calzado para todos os nenos e nenas da voda
· ZAPATERÍA COCÓ
10€ zapatos noiva ou madriña
· CRIS NAILS
10% en calquera tratamento! Manicura ou pedicura con esmaltado xel ou semipermanente. Masaxe relaxante ou descontracturante. Masaxe + exfoliación
· ESTÉTICA AVANZADA TATIANA
10% en pack de tratamentos de noiva
· SALON DE BELLEZA ANGELES FIDALGO
15% en tratamentos faciais para noivo/a e en cosmética
· FLORISTERÍA FLORCIÑAS
10% en flores de cerimonia
· JOYERIA RELOJERIA DIEGUEZ
10% en complemento de noiva e noivo, en prata
· PATO GROUP SC JOYERÍA
30% na segunda alianza de ouro
· AGENCIA 36
15% na creción dunha páxina web para a voda
· VIAJES VERIN
7 % na viaxe de lúa de mel
· PELUQUERÍA O TEU SALÓN
10% en calquera servizo de perruquería e produtos en venda
· ABELOURA BOUTIQUE
10% en madriñas e e nai de noiva
· ADAMS
10% nuha compra á escola do noivo ou a noiva
· DONA BELA
10% para madriñas ou nai da noiva
· GLAMOUR
20% en lencería para a parella
· KAPRICHOS LENCERIA
20% en lencería para a parella
· LUNARES
10% en detalles dos nenos/as. Tamén se personalizan.
· MODA MARAXE
10% en coktail para noiva ou madriña
· SAN JOSE HOMBRE
10% en traxe de noivo e padriño
· UGLI
30% en cocktail para a noiva ou familiar de primeiro grao.
· HELVETIA SEGUROS
20% en cortador profesional de xamón.
· REYSO VIAJES
5% na lúa de mel
· COSER E CANTAR
Bastidor bordado para a voda
· MARISÉ SALGADO
Diadema para noiva cosida con mais de 150 boliñas de fantasía en distintos tipos de gris valorada en 150€
· ASUBIO
Cesta de produtos de cosmética (para el e ela, el e el, ou ela e ela) valorada en 50 €
· CASA DEL MUEBLE
Conxunto de almofada e saba protectora pola compra do colchón
· BORYS MARTÍNEZ FOTOGRAFÍA
Sesión de fotografía de Prevoda valorada en 300 €


