CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Información
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

Concurso de escaparates de Verín

15/12/2025 | CCU AEVER Verín

Hai algo máis máxico que pasear pola nosa vila coa luz e a fantasía dos escaparates de nadal?  Seguramente se pensas en escaparates de nadal, pensas en cando eras cativa ou cativo e soñabas con aquel xoguete…

Os comercios de Verín tamén sacamos as nosas mellores galas durante o nadal para crear un ambiente de fantasía, de ledicia e que faga que a nosa vila brile con esa luz que só o comercio local pode aportar.

Este nadal queremos crear un ambiente navideño precioso que dinamice a vila e tamén premiar aos comercios que se esforzan en deseñar escaparates.

Para elo recuperamos a tradición do  CONCURSO ESCAPARATES NADAL NO COMERCIO LOCAL DE VERÍN.

Quen elexirá os escaparates gañadores do concurso?

As persoas que mercades no comercio local seredes o xurado.

Por cada tique de compra dun establecemento asociado a AEVER CCU (independentemente de que participe no sorteo ou non) podes emitir un voto para elexir o escaparate ganado do concurso.

Que podo ganar por ser xurado do concurso?

Cada vez que votes polo teu escaparate favorito terás unha participación no sorteo de 3 pasaportes de 50 € para gastar no comercio local entre o 8 de xaneiro e o 17 de xaneiro.

Rexistra aquí a túa compra para ser xurado do concurso e ganar 50€: https://forms.gle/NgNbTkBsnwcWzZcj8

Cales son os premios para os establecementos cos escaparates gañadores?

Os comercios que gañen o concurso de escaparates navideños tamén recibirán como premio pasaportes  de 100 € e de 50 € de compras para mercar no comercio local.

Escapararates Verín

A continuación podes ver as bases completas.

Participación

Poderán participar neste concurso todos os establecementos asociados a Aever CCU Verín.

Valoración

O motivo que centra a acción é o nadal, que deberá ser o protagonista dos escaparates comerciais que opten aos premios. Non hai limitación de ningún tipo respecto a técnica e estilo, valorando os seguintes criterios:

Creatividade e orixinalidade

Combinación de elementos e cores

Iluminación e composición

A valoración será realizada polo público xeral.

Valoración do público xeral

A valoración realizarase de maneira global nun formulario inserido na páxina web da asociación no que as clientas e clientes poderán elexir un dos escaparates e darlle un voto a través do devandito formulario.

Para poder votar deberán adxuntar un tique de compra. Por cada tique de compra poderán realizar unha votación no mesmo acceso ao formulario.

Para votar é necesario presentar un tique de compra en calquera dos establecementos asociados a AEVER CCU, independentemente de que participen no sorteo ou non.

Obligacións

Os establecementos participantes deberán disponer dos escaparates con motivos navideños entre o 12 de decembro e o 6 de xaneiro.

Ademais deberá estar visible o distintivo de participación no concurso facilitado no momento da inscripción.

Xurado e premios

Os premios será:

– 3 pasaportes de compra para mercar en establecementos asociados a AEVER CCU Verín dos seguintes importes: 100€ para o primeiro,50€ para o segundo e terceiro elexidos pola votación do público.

-2 pasaportes de compra a sortear entre as persoas clientas que voten a través do formulario, sorteados a través dunha aplicación de sorteos.

Datas:

Inicio da campaña 12 de decembro / fin da campaña 6 de  xaneiro

Sorteo do pasaporte para os clientes: 7 de xaneiro.

Entrega de pasaportes de compra sorteados entre os clientes e establecemento gañadores do concurso: 8 de xaneiro.

Os importes dos pasaportes de compras deben ser gastados entre o 8 de xaneiro e o 17 de xaneiro en establecementos asociados a AEVER CCU.

Publicado en: Blog, Campañas Etiquetado como: 2025, Verín

Cofinanciado:

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89

info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital

De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento:
Responsable: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE VERÍN
Fines del tratamiento: mantener una relación comercial y enviar comunicaciones de productos o servicios
Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición
Más información del tratamiento en la Política de privacidad
O Acepto el tratamiento de mis datos para el envío de comunicaciones de productos o servicios
CONFIGURARACEPTARLEER MÁS
Política de cookies

Privacy Overview

De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento:
Responsable: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE VERÍN
Fines del tratamiento: mantener una relación comercial y enviar comunicaciones de productos o servicios
Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición
Más información del tratamiento en la Política de privacidad
CONFIGURARACEPTARLEER MÁS

O Acepto el tratamiento de mis datos para el envío de comunicaciones de productos o servicios
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. These cookies ensure basic functionalities and security features of the website, anonymously.
CookieDuraciónDescripción
cookielawinfo-checkbox-analytics11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics".
cookielawinfo-checkbox-functional11 monthsThe cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional".
cookielawinfo-checkbox-necessary11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary".
cookielawinfo-checkbox-others11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other.
cookielawinfo-checkbox-performance11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance".
viewed_cookie_policy11 monthsThe cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data.
Analytics
Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.
CookieDuraciónDescripción
Google analytics_gat, _ga, _gid
GUARDAR Y ACEPTAR