CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

Eu son comercio local

08/09/2017 | CCU AEVER Verín

Verín Eu son comercio local

Dende CCU AEVER Verín, vimos de poñer en marcha unha campaña de sensibilización cara o comercio local. Unha campaña que quere conseguir que a poboación tome conciencia de que cando escollen mercar no comercio local, axudan directamente aos seus veciños e veciñas, con nomes e apelidos. Precisamente eles e elas son os protagonistas da campaña.

A mensaxe principal da campaña é a frase “Eu son comercio local”, nun primeiro momento en boca dos comerciantes para logo ir involucrando á poboación en xeral.

A primeira fase da campaña consiste en difundir a través da web e das redes sociais da asociación as fotografías dos asociados e asociadas que participan. Trátase dunha serie de retratos que buscan provocar emocións na persoa que observa, pola proximidade, a familiaridade, porque detrás de esas caras, algunhas aínda novas, e outras cunha longa traxectoria, agóchanse proxectos vitais vinculados a Verín, e sobre todo moita ilusión por continuar cos seus negocios.

Nunha segunda fase, a través de cartelería e publicidade impresa na rúa e nas tendas, coas caras dos comerciantes e a mensaxe da campaña, buscarase a complicidade e a implicación dos clientes e clientas, que serán invitados a facer a súa foto expresando que tamén son comercio local e a explicar os motivos polos que se identifican con esta frase.

Igual que sucedeu con campañas anteriores, espérase que os clientes se impliquen e identifiquen a mensaxe co comercio da vila e coa actividade da asociación, consolidando a longo prazo a frase “Eu son comercio local” como un valor en favor da economía da vila.

blanca
afonso
a-merced
antollos
asubio
abito
az
bazar-chabela
bazar-mariano
benetton
bolboreta
boutique-angela
adams
bulevar
carlin
casa-del-mueble
clinica-salva
cortes
electr-feijoo
etcetera
lunares
luxury
maraxe
mariana-artesana
master-carrasco
mc
merceria-sarria
muebles-antia
multisport
patricia-nenos
peluqueria-carlos
reyso-viajes
san-jose
san-roque-veterinaria
santiveri
sendadixital
sunset
telas-julia
wall-street
xoieria-dieguez
feitizo
glamour
golfinos
guerra-ninos
itaca-2
kaprichos
la-factoria
la-huerta
lar-da-cortina

Archivado en:Blog, Campañas

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89
630 35 48 69
info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital