CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Información
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

Gala de nadal de AEVER CCU Verín

19/12/2025 | CCU AEVER Verín

Volve a nosa cita anual,  a Gala de Nadal de AEVER CCU Verín, desta volta cunha proposta familiar chea de humor, música e circo da man de Fran Rei e Félix Rodríguez, que traerán á vila o espectáculo Saaabor de Nadal!, acompañados polas actuacións de Paco Nogueiras e Zirko Txosko.

Cando será a gala? E onde?

No Pavillón Deportivo de Verín o próximo 4 de xaneiro de 2026  ás 18:00

Como podo conseguir entradas para a Gala?

A entrada será de balde, podes conseguila nos establecementos asociados a AEVER CCU Verín, porque queremos recordarche que cando mercas en Verín, estás contribuíndo á dinamización da vila.

A partir do día 24 poderás conseguir as entradas nos teus establecementos favoritos, os do comercio local de Verín.

Como será a gala?

Nesta edición, a Gala estará protagonizada por Fran Rei e Félix Rodríguez, que traerán á vila o espectáculo Saaabor de Nadal! da man de Culturactiva Producións. Dirixida por Avelino González e coa escenografía de Kukas, a peza combina música, maxia, humor, ritmo e participación do público, ofrecendo un “menú do día” tan saboroso como sorprendente. Os dous intérpretes dan vida a dous recoñecidos cociñeiros que elaboran unha proposta escénica chea de xogos, imaxinación e referencias á gastronomía propia destas datas, pero tamén a mensaxes vinculadas ao consumo responsable, á alimentación saudable e á importancia de apoiar o comercio da contorna. No seu repertorio conviven desde villancicos populares ata a célebre Marcha Radetzky, sempre filtrados polo espírito festivo e cómico que caracteriza aos artistas.

A tarde completarase con actuacións que reforzan o carácter familiar e diverso da Gala. 

Paco Nogueiras é pura dinamita escénica para público familiar. Coa enerxía dun directo que non dá respiro e un humor que conecta de inmediato con cativos e adultos, Nogueiras transforma cada actuación nun pequeno festival. Os seus espectáculos —Brinca Vai!, Radio Bulebule ou Extra!— recorreron Galicia enteira e valéronlle dous Premios Martín Códax da Música, consolidándoo como unha das voces máis recoñecidas e queridas da música infantil galega. Cantante, actor e narrador a partes iguais, é capaz de mover a todo un pavillón entre xogos, coreografías e historias cantadas

Xunto a el, Zirko Txosko levará ao pavillón un número de circo contemporáneo cargado de técnica, humor e frescura. A compañía formada por Ariñe Azkue e Óscar Páez chega a Verín tras anos de formación e traballo en escolas e compañías de España, Italia e Arxentina. Acrobacias, equilibrios e técnicas aéreas conviven cun risco totalmente real que mantén ao público en tensión e gargalladas a partes iguais. A proposta mestura teatro, comicidade e participación do público, convertendo cada número nun xogo no que a sorpresa é constante.

Ademais, a Gala contará cunha vertente solidaria grazas á presenza do colectivos Miquiños que instalarán os seus stands informativos no Pavillón Deportivo. A través deste espazo, a asociación dará a coñecer o seu labor social e de protección animal entre a cativada asistente, co obxectivo de sensibilizar e implicar ao pú ao tempo que recadarán fondos para continuar desenvolvendo os seus proxectos, convidando ao público asistente a colaborar e implicarse nunha causa solidaria que forma parte activa do tecido asociativo da vila.

Con esta programación, reafirmamos o noso compromiso coa dinamización comercial e cultural de Verín.

Esta campaña lévase a cabo gracias á confinanciación da Xunta de Galicia e á colaboración do Concello de Verín.

Gala Nadal Aever Verín

Publicado en: Blog, Campañas, Promocions Etiquetado como: 2025, Verín

Cofinanciado:

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89

info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital

De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento:
Responsable: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE VERÍN
Fines del tratamiento: mantener una relación comercial y enviar comunicaciones de productos o servicios
Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición
Más información del tratamiento en la Política de privacidad
O Acepto el tratamiento de mis datos para el envío de comunicaciones de productos o servicios
CONFIGURARACEPTARLEER MÁS
Política de cookies

Privacy Overview

De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento:
Responsable: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE VERÍN
Fines del tratamiento: mantener una relación comercial y enviar comunicaciones de productos o servicios
Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición
Más información del tratamiento en la Política de privacidad
CONFIGURARACEPTARLEER MÁS

O Acepto el tratamiento de mis datos para el envío de comunicaciones de productos o servicios
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. These cookies ensure basic functionalities and security features of the website, anonymously.
CookieDuraciónDescripción
cookielawinfo-checkbox-analytics11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics".
cookielawinfo-checkbox-functional11 monthsThe cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional".
cookielawinfo-checkbox-necessary11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary".
cookielawinfo-checkbox-others11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other.
cookielawinfo-checkbox-performance11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance".
viewed_cookie_policy11 monthsThe cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data.
Analytics
Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.
CookieDuraciónDescripción
Google analytics_gat, _ga, _gid
GUARDAR Y ACEPTAR