O 2 de xaneiro celebramos a Gala de Nadal de Aever
Un ano máis, empezamos o ano e celebramos o nadal do comercio local coa Gala de Nadal de Aever.
É un evento familiar, divertido e entrañable onde celebramos que temos un comercio local moi vivo e os máis pequenos pasan unha tarde preciosa, chea de maxia e música.
A gala terá lugar o 2 de xaneiro, ás 17:30 no Pavillón Municipal.
Isabel Risco, coa súa conexión especial e divertida cas crianzas será a presentadora da gala.
Participarán na gala a actriz e trapecista Sue Moreno, que non deixará indiferente a ninguén co seu precioso espectáculo de acrobacias aéreas.
Un dos ilusionistas máis veteranos e relevantes de Galicia, o Mago Teto, será o encargado de deixarnos a todas/os coa boca aberta a través da súa maxia.
Ce Orquestra Pantasma encherá o Pavillón de forza, ritmo e fantasía co seu espectáculo basado na figura do home orquestra.
Tamén nos acompañará o máxico e coñecido polas nenas e nenos de Verín, Ratiño Pérez.