Hoxe, venres 14 de otubro, comeza o a campaña «Mercar no teu comerio ten premio», con 900 € en premios. Poderase participar ata o próximo 20 de otubro, día do gran sorteo.
Para participar só tes que facer as túas compras no comercio local de Verín. Garda os tikets de compra e o próximo 20 de outubro, de 18:00 a 20:00, na Praza García Barbón, canxea os tikets por boletos de participación do sorteo.
Ás 20:05 celebraráse o sorteo diante do público presente. Os premiados terán que estar alí para recoller o seu premio.
Haberá 2 gañadoras/es dunha tarxeta prepago de Abanca de 300 € e 6 gañadoras/es de de tarxetas de 50 €. As tarxetas poderán ser empregadas para seguir mercando no comercio local de Verín.
