O vindeiro 16 de agosto dende AEVER CCU VERÍN realizamos unha nova edición da festa “Móllate polo comercio” cofinanciada pola Xunta de Galicia.
O comercio local acolle a centos de visitantes que aumentan a actividade na vila durante os meses de verán, e como vimos facendo durante todo o ano, organizamos este evento que ten como obxectivo “incrementar o poder de atracción da zona, incentivar as vendas, mobilidade dos clientes polas rúas comerciais e conciliación familiar; así como atraer aos xoves e adultos que esperemos que o disfruten e se conciencien da importancia de mercar no comercio local”.
EN QUE CONSISTE A FESTA MÓLLATE POLO COMERCIO?
Verín convírtese nun gran parque acuático para todos os públicos, instalando tres tobogáns acuáticos e celebrando unha festa da escuma, para as diferentes franxas de idade.
TOBOGÁNS
Con respecto aos tobogáns, haberá tres zonas coas que buscan “atraer a toda clase de público dende os peques ata os adultos”: “Extrem” (mega tobogán de auga de 14m de altura X 40m de longo e 10m de ancho), apto para xoves e maiores instalado na praza Maior; “Media” (tobogán grande deslizante de auga de 7m de altura X 24m de longo e 7m de ancho), apto para xoves e instalado na praza do Concello; e “Peques” (2 tobogáns de auga, un 4,5m de altura e outro máis pequeño de 10m de longo), apto para os cativos e instalado na praza da Merced.
FESTA DA ESCUMA
Para a festa da escuma haberá unha zona acotada (inchable) de 12X12m con música e un speaker para animar, con 4 horarios: de 17:30 a 18:30 para peques (3-10 anos); de 18:30 a 19:30 para xoves (de 11 anos en adiante); de 19:30 a 20:30 para peques (3-10 anos); e de 20:30 a 21:30 para xovenes e adultos.
COMO PARTICIPAR?
Para disfrutar destas actividades hai que conseguir os tíckets “realizando compras nos establecementos asociados, que serán canxeados na carpa da Asociación situada na praza Maior”. Os que queiran participar deberán entregar 5 tickets + 5 euros na carpa de AEVER onde serán canxeados por una pulseira coa que terán acceso a todas as actividades. A carpa estará aberta 1 hora antes do inicio das actividades.