Chega unha nova edición dos Bonos Activa Comercio e con ela unha nova oportunidade para mercar en Verín disfrutando de ata 30 euros en descontos.
Mercando nos establecementos adheridos á campaña poderás obter rebaixas de 5 € por compras de entre 20 e 30 euros, e de 15 € si a compra é superior a 50€.
En Verín son moitos os establecementos adheridos á campaña, só tes que buscar o distintivo, e se tes algunha dúbida podes preguntar no teu comercio de confianza.
O procedemento é moi sinxelo, como cliente/a tes que acceder á web da campaña, darte de alta, recibirás un SMS de validación, e poderás activar e descargar o teu bono na aplicación que teñas no teu móbil (Wallet passes, Apple Wallet…).
Logo só tes que mercar nos teus comercios favoritos (que son os de Verín) e mostrar o código QR que corresponde co teu bono, e o comercio escaneará este código para aplicar o desconto.
Así de sinxelo é continuar mercando en Verín e disfrutar desta campaña!
A web onde tes que rexistrarte é: https://bonosactivacomercio.gal/ , e podes facelo a partir das 9 da mañá do día 5 de novembro.
Busca este distintivo e sigue mercando en Verín!


