Onte en AEVER tivemos unha sesión de formación sobre a aplicación Lopróximo, unha ferramenta pensada para impulsar e modernizar a xestión e a visibilidade do comercio local.
Durante a formación coñecemos as súas principais funcionalidades, como a mellora da conexión entre comercios e clientes, a promoción de produtos e servizos de proximidade, e as opcións que ofrece para facilitar a dixitalización do pequeno comercio.
Como sempre, desde AEVER seguimos traballando e apostando polo fortalecemento do comercio local, apoiando iniciativas que axuden a adaptarse aos novos contornos dixitais e a mellorar a competitividade do sector.
Seguimos avanzando xuntos.

