Chega a sexta edición da campaña “Os 6000 de Verín”. Sempre recordamos como comezou esta iniciativa das asociadas e asociados do CCU Aever, nun convulso 2020 que fixo que nos uníramos máis que nunca e xuntáramos esforzos para premiar á clientela máis fiel do mundo, que é a do comercio local de Verín. Se aínda precisas pensar en pesetas, podes pensar que xuntamos entre todas/os un millón de pesetas para repartilo en 19 premios.
A mañá do 20 de decembro presentamos “Os 6000 de Verín- Edición 2025” ante os medios de comunicación, xunto coa nova xunta directiva e a nova xerencia, a quen lle toca recoller a testemuña dos profesionais anteriores inmersas na campaña máis ambiciosa do ano.
O vindeiro xoves 27 de novembro os comercios disporán xa das papeletas para que poidas participar neste gran sorteo.
Hai algún requisito para participar?
O requisito é mercar nos comercios que participan. Calquera persoa de Verín, ou visitante, maior de 18 anos pode mercar nos establecementos asociados a Aever que participan na campaña dos 6.000 de Verín.
Quero participar, que teño que facer?
Mercar nun dos máis de 100 comercios asociados que participan na campaña. Cando fagas a túa compra – e dacordo cas condicións de cada establecemento- darémosche unha papeleta para que deixes os teus datos, para participar tes que cubrila e depositala na caixa que atoparás en cada establecemento participante.
Que podo gañar?
1 cheque de 2.000€
1 cheque de 1.000€
2 cheques de 500€
5 cheques de 200€
10 cheques de 100€
Total = os 6.000 de Verín
Cando será o sorteo dos 6.000 de Verín?
O día 24 de decembro pola mañá realizaremos o sorteo ante notario na sede de AEVER.
Como saberei que gañei un cheque dos 6.000 de Verín?
Tal como recollen as bases realizadas ante notario, o día do sorteo o persoal da Asociación de Empresarios de Verín chamará ó teléfono que puxeches nas papeletas para comunicarche o teu premio.
Deberás utilizar os cheques ata o día 5 de xaneiro de 2026 nos establecementos asociados, e para facilitarcho darémosche un pasaporte de compras.
Cando é a campaña dos 6.000 de Verín?
Entre o 27 de novembro e o 22 de decembro de 2025 podes participar mercando no comercio local, e o día 24 farase un sorteo ante notario.
Que establecementos participan?
A nosa asociación é multisectorial, ou o que é o mesmo, temos de todo!
A continuación podes consultar as bases do sorteo:
1. OBXECTO
A campaña “ OS 6.000 DE VERÍN ” está organizada pola Asociación de Empresarios de Verín (en diante AEVER) (CIF G-32348492), domicilio en C/ Doutor González Prada, nº 5 baixo Verín (Ourense), para promover as vendas nos establecementos integrados en AEVER.
A campaña consistirá no sorteo ante Notario o 24 de decembro de 2025 de 19 cheches:
1 cheque de 2.000 €, debendo gastalo nun mínimo de 10 locais facendo un gasto máximo de 200€ en cada unha.
1 cheque de 1.000€, debendo gastalo nun mínimo de 5 locais tendas ou servizos e máximo 200€ en cada unha.
2 cheques de 500 €, debendo gastalo nun mínimo de 5 locais e máximo de 100€.
5 cheques de 200 €, debendo gastalo nun mínimo de 4 locais e máximo de 50€.
10 cheques de 100 €, debendo gastalo nun mínimo de 2 locais e máximo de 50€.
Os establecementos e locais que participen na campaña, entregarán boletos para participar no sorteo aos clientes que realicen compras do 27 de novembro do 2025 ao 22 de Decembro do 2025. O diñeiro dos cheques deberá ser gastado nos locais e establecementos que participen nesta campaña.
AEVER resérvase o dereito para suspender, aprazar, cancelar ou modificar a duración da promoción en calquera momento anterior á súa finalización, sempre que existan causas que así o xustifiquen. Por idéntica razón, poderá atrasar a data do seu inicio. Calquera cambio nas bases será comunicada á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
2. MECÁNICA DO SORTEO
AEVER repartirá un total de 1 talonario con 500 papeletas entre os seus Establecementos asociados que participen nesta campaña, correspondendo 500 a cada un deles, podendo comprar máis talonarios de 100 papeletas polo importe de 5€ cada unha. Cada establecemento determinará a compra mínima a partir da cal entregará a un cliente unha papeleta para participar no sorteo e o número de papeletas que entregará pola compra realizada.
Os clientes cubrirán as papeletas cos seus datos, quedando anuladas aquelas en as que non se cubran todos os datos de contacto (nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto) ou os datos nela consignados resultarán inteligibles. Unha vez cubertas serán depositadas na urna que para ese efecto haberá en cada establecemento. Os asociados participantes terán a obrigación de levar as papeletas á sede de AEVER durante os dous seguintes días hábiles da data de remate da campaña.
O día 24 pola mañá na sede de AEVER, procederase ao sorteo #ante Notario, extraendo 38 papeletas, a primeira corresponderá aos 2.000€, a segunda aos 1.000€, a terceira e cuarta aos 500€, quinta, sexta , sétima, a oitava e novena aos 200€, a undécima, duodécima, décimo terceira, décimo cuarta, décimo quinta, décimo sexta, décimo séptima, décimo oitava e decimonovena aos 100 €, as 19 seguintes papeletas serán suplentes, que irán suplindo aos premiados por orde ascendente dos premios. Só poderán ter 1 premio por participante.
En primeiro momento chamarase ás persoas gañadoras, se non contestasen, chamaranse un máximo de tres veces en intervalos de 2 horas. Se non fose posible contactar con algunha delas seguirase chamando aos titulares das papeletas suplentes seguindo a orde de extracción e utilizando o mesmo procedemento de chamadas, ata obter a aceptación dos premios. Desde que se contacte telefonicamente coas persoas premiadas, estas en un prazo non superior a dous días laborables, deberán presentarse na sede de AEVER (C/ Doutor González Prada Nº 5 – Verín) co fin de identificarse mediante o DNI ou NIE. De non acudir algún dos premiados no prazo indicado, ese premio declararíase deserto. Os premiados terán como máximo para facer uso do premio ata o día 5 de Xaneiro do 2026. Membros de AEVER daranlle un cupón e explicaranlle como utilizalo nos establecementos.
3ª PARTICIPANTES
Poderá participar no sorteo calquera persoa maior de 18 anos.
As persoas asociadas a AEVER poderán participar no sorteo, polas compras que realicen en establecementos dos que non sexan titulares. Non poderán participar no sorteo mediante as papeletas que lle foron asignadas ao seu local, nin os titulares dos locais nin os seus cónxuxes, ascendentes e descendentes, ata primeiro grao (inclusive), nin os seus empregados, de facelo, as papeletas serían anuladas.
As persoas premiadas autorizan a AEVER a publicar os seus nomes e fotografías como gañadoras do sorteo nos medios de comunicación e redes sociais. Os datos persoais dos premiados só serán utilizados por AEVER a efectos publicitarios nos termos descritos, sen proceder á súa cesión ou conservación. Terminado o sorteo, procederase á eliminación das papeletas, non conservando AEVER os datos persoais dos participantes.
As persoas interesadas poderán consultar as Bases, en www.ccaverin.com. A participación no sorteo implica a aceptación das súas bases
BASE 4ª: REPERCUSION FISCAL
Quedará exento de calquera gasto que poida repercutir nos premiados a efectos fiscais.
BASE 5ª: TRATAMENTO DE DATOS
De conformidade coa normativa de protección de datos, AEVER informa que vai proceder ao tratamento dos datos persoais facilitados polos participantes, coa finalidade de xestionar o sorteo e a súa realización nos termos establecidos nestas bases. Unha vez realizado o sorteo destruiranse todas as papeletas.


