Aever participa un anos máis na Feira Solidaria do 1 de Maio organizada polo Concello de Verín, na Praza García Barbón.
Durante a mañá do mércores 1 de maio, en horario de 10:00 a 14:00 instalaremos un stand con información sobre a CCU AEVER Verín, as súas funcións e os comercios asociados.
AXÚDANOS A ATENDER A INFANCIA DE GAZA- colaboración coa ONG Save the Children.
Este é o lema que escollemos este ano para adicar os fondos recaudados na feira solidaria deste ano. O diñeiro recaudado será entregado á ONG Save the Children para apoiar os seus proxectos de axuda á infancia que sofre a guerra en GAZA.
INCHABLES SOLIDARIOS
Para acceder aos inchables solidarios será necesario presentar no stand de AEVER CCU Verín un tique de compra dos comercios asociados a AEVER e donar un euro, que irá destinado á campaña “AXÚDANOS A ATENDER A INFANCIA DE GAZA”.
Así que nos próximos días recordade gardar os vosos tiques de compra, porque teñen moita solidaridade e un fin moi necesario.