Como cada ano, AEVER CCU Verín terá un stand na feira solidaria do «día dos Maios» en Verín. É unha xornada na que compartimos espazo con outras entidades e participamos nunha xornada de ledicia e solidariedade.
Hinchables e solidariedade.
AEVER CCU instalará uns inchables na praza García Barbón de 10 a 14:00, para acceder a eles haberá que presentar na carpa de AEVER un tiquet de compra dun dos comercios asociados e a entrada ós inchables será un donativo de 1 euro que irá destinado á Asociación contra o Cancro.
Con esta actividade queremos seguir dinamizando o comercio, contribuíndo con causas solidarias e participando nas actividades que dan vida á nosa vila, como é o tradicional día dos Maios.
Ademais no stand darase publicidade á campaña de dinamización do «Día da Nai«.
Esperámosvos na Feira Solidaria de Verín o día 1 de maio!
Estas actividades están cofinanciadas pola Xunta de Galicia