Non temos ningunha dúbida de que Melchor, Gaspar e Baltasar son fieis ó comercio local. Por iso abriremos o domingo día 5 para que poidades axudalos coas compras de última hora e ademais podedes gañar un dos pasaportes de compras de 50 € cos que iniciamos un novo ano de campañas de dinamización do comercio local de Verín.
Que teño que facer para participar no sorteo dun pasaporte de compras de 50€?
É moi doado, cando vaias mercar ás túas tendas favoritas o domingo 5 de xaneiro garda o ticket de compra, e cando chegues a casa entra no formulario que atoparás un pouquiño máis abaixo, cubre os datos e faille unha foto ó ticket de compra que se adxuntará ó formulario.
https://forms.gle/M2DJZxZqn7CKbJfGA
Para facilitar a participación, tamén atoparás un código QR nos carteis desta campaña que podes escanear para acceder directamente ó formulario onde rexistrar o ticket de compra.
Tes ata o día 7 de xaneiro para participar, cantas máis compras e cantos máis tickets máis posibilidades!
O día 8 de xaneiro, mércores realizaremos o sorteo e chamaremos ás persoas gañadoras dun dos catro pasaportes de compras.
Moita sorte e sobre todo, moitas grazas por seguir mercando en Verín.