CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

Sábados abertos

28/05/2019 | CCU AEVER Verín

A vosa aposta polo comercio local é o noso futuro, queremos seguir ofrecendo o mellor de nós, por iso en maio iniciamos unha importante campaña para todo o tecido empresarial da vila: os sábados abertos.

Moitos e moitas das asociadas unímonos aos establecementos que abren todos os sábados pola tarde e iniciamos unha campaña moi importante para nós, na que abrimos POLA TARDE OS PRIMEIROS SÁBADOS DE CADA MES.

Supón un gran esforzo persoal para moitas familias, pero sabemos que vale a pena para seguir vendo o comercio local vivo.

Sabemos que a ilusión por formar parte dos sábados abertos contáxiase, e que cada sábado seremos máis. Nos carteis informativos dos establecementos participantes poderedes ver se abren todos os sábados ou o primeiro de cada mes, e vos contaremos todas as novidades como sempre nesta web e no facebook da asociación.

Sábados abertos AEVER Verín
Sábados abertos AEVER Verín

Tamén podedes planificar as vosas compras en Verín facendo click en ASOCIADOS onde tedes todos os datos dos negocios que conforman AEVER.

Estade atentos/as, irémosvos informando!!

Archivado en:Blog, Campañas

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89
630 35 48 69
info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital