O xoves 13 de marzo, ás 19:30 acollemos na sede de AEVER CCU a presentación da campaña «ABRE LA PUERTA AL TRABAJO DIGNO»
Este acto está aberto á todas as empresarias e empresarios da zona que desexen coñercer este proxecto que fortalece a comunidade e contribúe a establecer sinerxias profesionais.
Trátase dun acto aberto no que coñeceremos a campaña e disfrutaremos dunha sesión de «networking» que nos permitirá coñecer de primeira man o traballo realizado no marco do Plan para a Inserción sociolaboral na que a Agrupación Obra social de Adoratrices en España, composta pola Fundación de Solidaridad Amaranta e a Congregación de Religiosasa Adoratrices acompañan, forman e orientan a mulleres para o reforzo e o perfeccionamento das súas capacidades laborais.
O acto encádrase nunha campaña de sensibilización a nivel nacional, e supón unha oportunidade para ampliar a nosa rede profesional e coñecer a importante labor que leva a cabo a entidade, con presencia na nosa vila.
Durante o acto haberá un momento para compartir e tomar algo. Esperámosvos!
