CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

Todo sae ben, cando mercas en Verín

11/05/2020 | CCU AEVER Verín

O comercio local de Verín abriu as súas portas cunha mensaxe positiva.

Todo sae ben cando mercas en Verín. Esta é a mensaxe que dende Aever se da á clientela, é o lema da campaña que será visible nos comercios, na rúa e nas redes sociais.

Aever quixo facer unha homenaxe aos nenos e nenas que durante o confinamento encheron os balcóns de arcos da vella cheos de esperanza, e por iso será o arco da vella a imaxe da campaña de apertura, xunto coa confianza que transmite saber que todos os establecementos teñen sido asesorados e informados sobre as medidas a tomar para garantizar que todo saia ben.

Esta semana ten sido frenética na sede da asociación que foi entregando material de protección a cada establecemento: máscaras, mascarillas, xel hidroalcólico, e un cartel informativo sobre as medidas a tomar para que a comarca siga deixando atrás o coronavirus.

A información de prevención tamén está visible en tres lugares da vila, para concienciar a pequenos e maiores da importancia da hixiene, o distanciamento social, e o uso de elementos de protección.

A percepción dende Aever é que a situación das últimas semanas tense traducido en que moitas persoas comunican aos comerciantes a súa intención de favorecer ao pequeno comercio conscientes de que é un sector clave na nosa comarca, polo que a campaña de sensibilización continuará na liña de facer protagonistas aos clientes e clientas da supervivencia e crecemento do comercio local.

Todo sae ben Aever Verín

Archivado en:Blog, Campañas Etiquetado con:2020

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89
630 35 48 69
info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital