CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

Verín fai un simulacro masivo da morte do seu comercio local

08/11/2018 | CCU AEVER Verín

simulacro-morte-comercio-local-verin

Amañece en Verín e comeza a representación.

O escenario está composto por centos de escaparates que mostran unha vila moribunda. A pesar de que é un xoves normal, de compras, xestións, recados e traballo, algo cambiou.

Os actores, unhas trescentas persoas que hoxe representan o papel máis triste da súa traxectoria profesional: o día que morreu a vila.

A representación sucede durante todo o día, o público murmura inquedo durante toda a xornada, e será coa chegada da noite cando a trama chega ao seu punto álxido, cando os comercios apagan as súas luces, e descúlpanse ante os seus clientes, despiden aos traballadores e traballadoras e marchan, mornos, ansiosos por un futuro incerto.

Por sorte, só foi unha representación, un simulacro do que sería a vila sen comercio, unha campaña máis a favor do comercio local, se cabe esta foi a máis dura dos últimos anos.

Dende fai uns meses víñase xestando nas reunións de AEVER a necesidade de mostrar unha realidade que podería non ser moi lonxana, de non cambiar os hábitos de consumo cara a outros máis responsables cara ao comercio local. Foi este 8 de novembro cando de maneira simultánea con asociacións doutras poboacións, decidiuse levar a cabo o peche simulado do comercio.

Jose Ángel Rodicio, xerente de CCU AEVER Verín, explicaba aos asociados que o obxectivo é “mover conciencias e facer reflexionar ó pobo de Verín que deu un exemplo de unidade, involucrándose dende o principio para levar a cabo exitosamente a campaña.” Ademais agradecía a implicación de outros moitos establecementos non vinculados á asociación como franquicias, supermercados, bancos, ou mesmo unha coñecida notaría da vila. Todo un exemplo de solidariedade e implicación para representar os catastróficos efectos da morte do comercio local.

O sector hostaleiro, tamén quixo colaborar coa campaña,aproveitando que se realiza o mesmo día que o coñecido “pinchoxoves”, colocando mensaxes en sinal de solidariedade co comercio e para facer reflexionar sobre os efectos colaterais do posible peche que tamén lles afectaría.

O Concello de Verín involucrouse na campaña apagando as luces dos edificios públicos ao mesmo tempo que o simulado peche dos establecementos, e diminuíndo a intensidade das luminarias.

Sen embargo esta campaña non quixo renunciar á mensaxe positiva, pois o comercio local tamén representa para moitas persoas a identidade dunha vila recoñecida por contar con comercio de calidade, atendido por xente amable e con moitas ganas de superar esta incerta fase.

Mensaxes como “Gracias a ti o pequeno comercio é máis grande”, “Ti fas posible o comercio local” ou “Xuntos conseguimos que o pobo teña vida”, animan á veciñanza a continuar sendo parte do tecido empresarial da vila e apostar por ela.

CCU AEVER Verín ten levado a cabo diferentes campañas de concienciación cara ao comercio local, poñendo en valor fundamentalmente ás persoas que o forman, e animando á cidadanía en xeral a comprometerse e facer un consumo responsable. O enfoque transversal e aberto das campañas, e un intenso traballo en rede con outras entidades públicas e privadas fixo que esta campaña fora apoiada por moitas persoas socias e non socias de AEVER, e este pode ser o factor que garanta o éxito deste tipo de accións de cara ao futuro.

aever-verin-simulacro-peche-1
simulacro-morte-comercio-local-verin-2
aever-verin-simulacro-peche-2
aever-verin-simulacro-peche-3
aever-verin-simulacro-peche-4

Publicado en: Blog

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89
630 35 48 69
info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital

De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento:
Responsable: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE VERÍN
Fines del tratamiento: mantener una relación comercial y enviar comunicaciones de productos o servicios
Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición
Más información del tratamiento en la Política de privacidad
O Acepto el tratamiento de mis datos para el envío de comunicaciones de productos o servicios
CONFIGURARACEPTARLEER MÁS
Política de cookies

Privacy Overview

De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento:
Responsable: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE VERÍN
Fines del tratamiento: mantener una relación comercial y enviar comunicaciones de productos o servicios
Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición
Más información del tratamiento en la Política de privacidad
CONFIGURARACEPTARLEER MÁS

O Acepto el tratamiento de mis datos para el envío de comunicaciones de productos o servicios
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. These cookies ensure basic functionalities and security features of the website, anonymously.
CookieDuraciónDescripción
cookielawinfo-checkbox-analytics11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics".
cookielawinfo-checkbox-functional11 monthsThe cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional".
cookielawinfo-checkbox-necessary11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary".
cookielawinfo-checkbox-others11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other.
cookielawinfo-checkbox-performance11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance".
viewed_cookie_policy11 monthsThe cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data.
Analytics
Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.
CookieDuraciónDescripción
Google analytics_gat, _ga, _gid
GUARDAR Y ACEPTAR