CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Información
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

Visita da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración a AEVER CCU Verín

30/01/2026 | CCU AEVER Verín

Visita de José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, Gabriel Alén Castro,director xeral de Comercio e Consumo á Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín AEVER CCU.

AEVER CCU recibiu a visita de Visita de José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, Gabriel Alén Castro,director xeral de Comercio e Consumo á Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín AEVER CCU.

A visita comezou cunha reunión á que asistiron María Isabel Fernández, concelleira de comercio do Concello de Verín e o deputado Victor Manuel Baladrón, Esther Gómez, presidenta de AEVER CCU e Lucía Aparicio, xerente da  asociación. Para recoñecer e poñer en valor o traballo que se realizou anteriormente na asociación e que fai que sexa recoñecida como unha das mellores de Galicia, participaron no encontro os antigos xerente e presidente, Jose Ángel Rodicio e Santos Álvarez.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración salientou a importancia da dinamización comercial nas cabeceiras de comarca como é o caso de Verín, recollida no Plan Estratéxico de comercio 2025-2030. Informou da inminente convocatoria da orde que da soporte á actividade dos Centros Comerciais Abertos, visibilizando o traballo que se realiza dende ditas entidades e a importancia que ten para a sustentabilidade das vilas como Verín.

Na reunión abordáronse aspectos técnicos das accións de dinamización comercial, e outros máis estratéxicos como a estreita e necesaria colaboración entre administracións públicas para reforzar e dar soporte á actividade comercial como motor socioeconómico da vila.

Entre as propostas realizadas polo conselleiro e polo director xeral, cabe salientar o soporte económico para levar a cabo campañas de dinamización que propoñan unha  integración dos puntos fortes que ten a comarca. Aever CCU recibiu a proposta por parte da Xunta de Galicia de realizar campañas de dinamización comercial que inclúen a flexibilización dos días de apertura dos establecementos en períodos concretos. O obxectivo desta proposta é atraer á clientela que escolle Verín como un atractivo para saír da cidade as fins de semana. Este público obxectivo visita Verín porque existe unha oferta de actividades  e atractivos que culminan coa compras nos comercios da cabeceira da comarca. A proposta será integrada nas accións de carácter máis innovador que se están programando para o exercicio actual.

Aever CCU afronta o reto da renovación do equipo co soporte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, a nivel económico a través da subvención que da soporte á actividade, e mediante a visibilización do traballo e o asesoramento e soporte para a programación da súa actividade.

Pola súa banda, e cunha perspectiva de cooperación  e traballo en rede, o Concello de Verín, representado na reunión pola concelleira de Comercio, renovou o seu compromiso coa asociación. Recentemente foi renovado o convenio de colaboración entre ambas entidades para cofinanciar parte da actividade de dinamización comercial. A concelleira de Comercio reiterou a súa implicación con AEVER CCU e o seu soporte a través da implicación e diálogo  coa consellería e con aquelas entidades e administracións involucradas no desenvolvemento económico e a actividade comercial da vila.

Na reunión abordáronse outros temas relacionados co comercio como o soporte á actividade artesana a través do selo “Artesanía de Galicia”, o programa de impulso á innovación e sostibilidade do comercio local e artesanal, as subvencións dirixidas a proxectos emprendedores  e de remuda xeracional, e outras liñas de axuda e apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Rematada a reunión, visitaron dous establecementos asociados a Aever CCU, Coser e Cantar, no que  Sonia Limia mostrou a José González e Gabriel Alén a súa actividade de elaboración de deseño textil, bordado e encaixe de camariñas, actividade que ambos animaron a reforzar co soporte do selo Artesanía de Galicia. A continuación visitaron a Marcos Fernández  que asumiu a titularidade dun comercio tradicional de Verín, Frutas Carola  cando se xubilou  a súa xerente. O caso de Marcos Fernández é paradigmático da necesaria remuda xeracional. Tal como salientou Gabriel Alén, a Xunta de Galicia da soporte técnico e económico ás empresas que fan a remuda xeracional, accedendo a dito soporte a través dos servizos da rede de Polos de Emprendemento.

A xornada rematou cun firme compromiso de colaboración e continuar traballando para a dinamización da vila, integrando todas aquelas oportunidades que poidan repercutir na sostibilidade e crecemento do comercio local.

Aever Verín

Publicado en: Blog, Información Etiquetado como: 2026, Verín

Cofinanciado:

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89

info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital

De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento:
Responsable: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE VERÍN
Fines del tratamiento: mantener una relación comercial y enviar comunicaciones de productos o servicios
Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición
Más información del tratamiento en la Política de privacidad
O Acepto el tratamiento de mis datos para el envío de comunicaciones de productos o servicios
CONFIGURARACEPTARLEER MÁS
Política de cookies

Privacy Overview

De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento:
Responsable: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE VERÍN
Fines del tratamiento: mantener una relación comercial y enviar comunicaciones de productos o servicios
Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición
Más información del tratamiento en la Política de privacidad
CONFIGURARACEPTARLEER MÁS

O Acepto el tratamiento de mis datos para el envío de comunicaciones de productos o servicios
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. These cookies ensure basic functionalities and security features of the website, anonymously.
CookieDuraciónDescripción
cookielawinfo-checkbox-analytics11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics".
cookielawinfo-checkbox-functional11 monthsThe cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional".
cookielawinfo-checkbox-necessary11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary".
cookielawinfo-checkbox-others11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other.
cookielawinfo-checkbox-performance11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance".
viewed_cookie_policy11 monthsThe cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data.
Analytics
Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.
CookieDuraciónDescripción
Google analytics_gat, _ga, _gid
GUARDAR Y ACEPTAR