A volta ao cole está á volta da esquina. Despois dun verán caluroso e cheo de recordos
inesquecibles toca prepararse para a volta ao cole!
Entre os asociados a Aever CCU Verín temos moitos comercios nos que podes equiparte con
todo o necesario para empezar o curso 2025-2026 e ademais cando elixes a túa vila para
mercar estás contribuíndo ó futuro dos nenos e das nenas que preparan hoxe as súas
mochilas.
Podes atopar de todo: mochilas, libros, roupa, material deportivo, material para actividades
extraescolares, mobles, perruquerías e material escolar, calzado, alimentación,
complementos, tecnoloxía e diversos servizos cos que iniciar esta nova etapa dicindo ben alto coma sempre EU MERCO EN VERÍN.
Para agradecer e premiar o compromiso co comercio local na campaña da volta ao cole
poñemos en marcha un sorteo.
QUE PODO GAÑAR NO SORTEO?
Podes gañar un dos 6 cheques de 50 € para gastar nos comercio asociados a AEVER CCU nas dúas semanas seguintes ó sorteo.
COMO PODO PARTICIPAR?
Para participar só tes que rexistrar a túa compra xunto co teu nome e apelidos e teléfono no formulario que atoparás un pouquiño máis abaixo.
CANDO SERÁ O SORTEO?
Realizaremos o sorteo o 15 de setembro na sede de AEVER CCU e publicaremos os resultados nas nosas redes sociais o mesmo día.
ACCEDE AGORA AO FORMULARIO, REXISTRA A TÚA COMPRA E SOBRE TODO… FELIZ VOLTA Ó COLE CON AEVER CCU VERÍN!
Formulario: https://forms.gle/7iu2J12B6dEXLsrX7


