Dende Aever contribuímos á difusión desta iniciativa tan fermosa que permitirá disfrutar dunha impresionante maqueta a escala do Castelo de Monterrei durante todo o período de nadal. Queremos apoiar o talento local poñendo en valor o noso patrimonio
Esta obra sae das mans do artesán Antonio Justo, veciño de Pazos. A nobre madeira de carballo transfórmase en memoria viva. Cada trazo revive a fortaleza de Monterrei, fiel aos planos de 1700 e ás súas transformacións, honrando a historia que perdura no tempo.
A inauguración será o día 6 de decembro ás 18:00 e poderase acceder ata o día 6 de xaneiro de 2026.
Ubicación: Rúa Maior, nº 21. Verín
Co apoio e difusión desta iniciativa contribuímos á dinamización cultural da vila para incrementar a atracción de clientes cara ao comercio local.


