O comercio local de Verín, participa no evento global Black Friday, celebrando o seu propio venres de descontos. Aínda que é unha iniciativa orixinaria doutro país, Aever apostou unha vez máis por realizar este evento para dinamizar o comercio na vila, e atraer ao público das cidades veciñas.
Tras a impactante campaña na que representamos o peche simulado do comercio local, este Black Friday preséntase como unha oportunidade de mostrar o apoio aos comerciantes de Verín.
Máis de 50 establecementos participan no Black Friday Verín 2018, ofrecendo descontos e sorpresas nas tendas.
Nas redes sociais realizarase a promoción deste evento utilizando o hastag #BFVerín.
A celebración do Black Friday en Verín coincide, igual que o ano pasado, coa semana das actividades en contra das violencias machistas, e de novo o comercio colabora con esta causa.
Tamén participan no Black Friday Verín 2018 (debido a un erro non aparecen na imaxe superior):
- Jesús Óptico (Rúa Deputación)
- Bicicletas Matías (Avenida de Laza)
- The Monkey Time (Rúa Irmáns Moreno)