CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

Campamento urbano 2016 en Verín

10/08/2016 | CCU AEVER Verín

CCU AEVER Verín organiza, en colaboración co Concello de Verín, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense, o Campamento Urbano de Verín 2016.

Un ano máis, este conxunto de actividades irá enfocada a nenos de 6 anos en diante. A finalidade desta iniciativa é dinamizar o mercado verinense e, ao mesmo tempo, axudar a que os clientes dos establecementos adscritos a CCU AEVER Verín poidan facer as súas compras mentres os seus fillos se divirten no campamento.

O campamento urbano, que ten un custo de 30 €, terá un sistema de tíckets desconto para adquirir a entrada ás actividades. Cada vez que un cliente compra nalgún dos establecementos asociados a AEVER conseguirá tíckets desconto (Cada tícket ten un valor de 3 €) segundo o valor da súa compra. Os tickets deberán trocarse durante os días 18 e 19 de agosto na oficina de AEVER, de 10:00 a 13:00 horas, ata finalizar existencias.

Esta iniciativa constará das seguintes actividades:

  • Martes 23 (Praza do Concello): ás 10:00 horas realizarase a recepción e o reparto de grupos. Instalarase un circuíto de karts inchable, una táboa de surf mecánica, realizaranse tatuaxes e haberá cabinas inchables.
  • Mércores 24 (Praza da Mercé): os/as rapaces gozarán dunha busca do tesouro , realizarase unha gymcana fotográfica e haberá una divertida festa da escuma con inchables de auga.
  • Xoves 25 (Praza Maior): instalarase unha ludoteca xigante con inchables, un touro mecánico, una carpa interactiva virtual e un taller de golf.

As persoas interesadas en inscribirse deberán facelo na oficina de AEVER (Pedro González Prada, 5), ate o día 21 de agosto, de 10:00 a 13:00 horas.

Accede ó concurso da gymcana fotográfica

Campamento urbano Verín Aever

Archivado en:Blog, Campañas Etiquetado con:2016, campañas, Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89
630 35 48 69
info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital