CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

CCU AEVER participa no nadal de Verín 2016-17

17/12/2016 | CCU AEVER Verín

Un ano máis presentámosvos as actividades e iniciativas que se levarán a cabo durante este nadal para incentivar e dinamizar o comercio local en Verín. Este nadal fai as túas compras en Verín. Compra e gaña 1000€ Por cada compra superior a 10€ en calquera dos establecementos asociados a CCU AVER Verín, recibirás un boleto […]

Archivado en:Blog, Campañas Etiquetado con:2016, 2017, campañas, Verín

Éxito do desfile Verín de moda 2016

28/09/2016 | CCU AEVER Verín

Verín de moda 2016

O sábado 24 de setembro o pavillón dos deportes de Verín convertiuse por unhas horas nunha auténtica pasarela de moda na que diferentes establecementos asociados a AEVER mostraron as súas coleccións de moda. Tamén participaron negocios relacionados coa decoración e florería creando un escenario único para inaugurar o recén estreado outono. Máis de dúas mil […]

Archivado en:Blog, Campañas Etiquetado con:2016, campañas, moda, Verín

Desfile Verín de moda 2016

12/09/2016 | CCU AEVER Verín

Un ano máis CCU AEVER Verín organiza o evento Verín de Moda 2016 en colaboración co Concello de Verin, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia. A pasarela Verín de Moda é un evento no que poñer en valor o comercio local. O pavillón dos deportes transfórmase o día 24 de setembro ás 19:30 […]

Archivado en:Blog, Campañas Etiquetado con:2016, campañas, moda, Verín

Campamento urbano 2016 en Verín

10/08/2016 | CCU AEVER Verín

Campamento urbano 2016 Verín Aever

CCU AEVER Verín organiza, en colaboración co Concello de Verín, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense, o Campamento Urbano de Verín 2016. Un ano máis, este conxunto de actividades irá enfocada a nenos de 6 anos en diante. A finalidade desta iniciativa é dinamizar o mercado verinense e, ao mesmo tempo, axudar […]

Archivado en:Blog, Campañas Etiquetado con:2016, campañas, Verín

I Concurso fotográfico xuvenil en Verín

10/08/2016 | CCU AEVER Verín

EstouenVerín Concurso de fotografía Verín

Dende CCU AEVER Verín colaboramos co Concello de Verín e a Deputación provincial de Ourense, a través do programa Ocio Xuvenil 2016, na organización do primeiro concurso fotográfico xuvenil #estouenVerín, a través da rede social Instagram do @ConcellodeVerín, destinado á mocidade da comarca con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. Haberá dous premios, ambos […]

Archivado en:Blog Etiquetado con:2016, concurso, Verín

Centos de participantes na primeira noite de compras de Verín

11/06/2016 | CCU AEVER Verín

Shopping night Verín

O venres 3 de xuño, ás 20:00 as rúas de Verín comezaron a encherse de cor. A noite de compras comezaba cun sol radiante propio do mes de xuño, que nos deixaría unha noite moi agradable para pasear, entrar nas tendas abarrotadas de xente e gozar das terrazas da vila. Case 70 establecementos asociados a […]

Archivado en:Blog, Campañas Etiquetado con:2016, campañas, Verín

Shopping night en Verín

30/05/2016 | CCU AEVER Verín

Shopping night Verín é máis que unha noite de compras, é unha ocasión única para disfrutar das tendas da vila e pasear por rúas que se encherán de fantasía, ilusión e cor. Máis de 65 establecementos estarán abertos o venres 3 de xuño dende as 20:00 ás 0:00 ofrecendo aos seus clientes regalos, sorpresas e […]

Archivado en:Blog, Campañas Etiquetado con:2016, campañas, Verín

Feira solidaria en Verín

16/05/2016 | CCU AEVER Verín

Feira solidaria Verín 2016

Participamos na I Feira Solidaria de Verín, xunto con outras 14 entidades non lucrativas da comarca. Alí puidemos coñecer mellor as actividades que realizan outras entidades e establecer lazos máis estreitos. A solidariedade, que é un valor da nosa comarca, estivo presente na feira a través dos diferentes stands e das persoas que se achegaron […]

Archivado en:Blog Etiquetado con:2016, participamos, Verín

Feira do Lázaro 2016

14/03/2016 | CCU AEVER Verín

Feira do Lázaro 2016 Verín

Participamos como asociación de empresarios e empresarias na tradicional Feira do Lázaro 2016, estando presentes nas diferentes actividades levadas a cabo no programa das festas patronais de Verín, e cun stand na feira de gastronomía e artesanía, na que ofrecimos información sobre os asociados/as e as avantaxes de formar parte da Asociación.

Archivado en:Blog Etiquetado con:2016, participamos, Verín

Nadal 2015 / 2016 en CCU AEVER

08/01/2016 | CCU AEVER Verín

Nadal CCU AEVER

O nadal 2015-2016 en CCU AEVER Verín estivo cheo de actividades moi divertidas. Pista de Xeo CCU AEVER Verín, o Concello de Verín e AEHCOM colaboramos para instalar unha pista de xeo na praza García Barbón que durante 10 días foi a atracción máis innovadora da vila atraendo a cativos e maiores da comarca, da […]

Archivado en:Blog, Campañas Etiquetado con:2015, 2016, campañas, Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89
630 35 48 69
info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital