O venres 3 de xuño, ás 20:00 as rúas de Verín comezaron a encherse de cor. A noite de compras comezaba cun sol radiante propio do mes de xuño, que nos deixaría unha noite moi agradable para pasear, entrar nas tendas abarrotadas de xente e gozar das terrazas da vila.
Case 70 establecementos asociados a AEVER participaron na shopping night, abrindo as súas portas ata a media noite coa ilusión de dinamizar o comercio local e darse a coñecer aos centos de visitantes que chegaron atraídos polo evento.
As alumnas da sala TodoFitness colaboraron animando as rúas de Verín cun baile moderno da man das nenas, e un flashmob.
A fantasía e a música veu da man de Saudeter que ofreceu un espectáculo de animación con zancudos e un coche antigo de estilo steampunk.
Os clientes e clientas participaron nun sorteo de vales de 20 e 50 euros e puideron disfrutar de descontos nos establecementos asociados a AEHCOM que participaban na campaña.
Uns días despois do evento, realizamos unha reunión para valorar os resultados da primeira noite de compras, e todos e todas estivemos dacordo en que o traballo en equipo, a gran difusión nas redes sociais (a cargo de Sendadixital) e o gran esforzo da asociación para ofrecer eventos que dinamicen o comercio, foron as claves para o éxito da campaña.
A continuación podedes ver unha galería de fotos creada entre os participantes, que quedarán para o recordo dunha noite moi especial. Moitas grazas por participar!!!