CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

I Concurso fotográfico xuvenil en Verín

10/08/2016 | CCU AEVER Verín

Dende CCU AEVER Verín colaboramos co Concello de Verín e a Deputación provincial de Ourense, a través do programa Ocio Xuvenil 2016, na organización do primeiro concurso fotográfico xuvenil #estouenVerín, a través da rede social Instagram do @ConcellodeVerín, destinado á mocidade da comarca con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.

Haberá dous premios, ambos a cargo de CCU AEVER Verín, dous cheques-regalo de 70€ e 30€ para gastar nos establecementos asociados.

Bases de concurso

O obxecto do presente documento é establecer as normas que rexerán o devandito concurso que se desenvolverá dentro das actividades programadas para a mocidade no verán 2016:

  1. As fotografías deberán ser realizadas na modalidade de autorretratos en grupo ou individuais.
  2. Para participar no concurso, será obrigatorio enviar unha fotografía e unha frase ou lema relacionado con Verín (lugares emblemáticos, festexos e comercio local), durante as datas do concurso. De maneira excepcional, tamén poderán enviarse fotografías da Batucada 2016.
  3. O Concello de Verín resérvase o dereito de non publicar aquelas fotografías e/ou frases ou lemas que non cumpran coa temática do concurso.
  4. Poderán participar todas aquelas persoas con idades comprendidas entre 18 e 30 anos, empadroadas ou non no concello de Verín cun máximo de 3 fotografías por participante.
  5. A persoa autora farase responsable da autorización legal en caso de que aparezan menores de idade na fotografía.
  6. As persoas autoras serán as únicas responsables dos seus traballos e das reclamacións que existiran.
  7. As persoas interesadas en participar neste concurso deberán subir a Instagram súas fotografías dende o 3 de agosto ata o 3 de setembro de 2016 (ambos inclusive) utilizando a etiqueta @concellodeverin e o hashtag #estouenverin (máis información na Casa da Xuventude 988414776).
  8. Quen participe no concurso cede os dereitos de imaxe das fotografías ao Concello de Verín. A participación neste concurso supón a total aceptación das presentes bases e do fallo do xurado.
  9. A valoración ou xuízo final do concurso constará dun 40% da aceptación nas redes sociais e un 60% polo xurado que estará composto por representantes do mundo da fotografía, do comercio de Verín e do concello.
  10. O veredicto do xurado farase público o día 15 de setembro no Concello de Verín e nas redes sociais, sendo inapelable e reservándose o dereito de declarar desertos os premios.
  11. Valorarase a creatividade e orixinalidade 20 puntos, a calidade 20 puntos, o reflexo do carácter da vila 30 puntos (total 70 puntos). No caso de que se dese un posible empate, a persoa representante do Concello terá un voto de calidade.
  12. Establécense os seguintes premios cortesía de AEVER:
    1. Primeiro premio: cheque-regalo por valor de 70€ para gastar nos establecementos adheridos a AEVER.
    2. Segundo premio: cheque-regalo por valor de 30€ para gastar nos establecementos adheridos a AEVER.

O non previsto nas presentes bases acordarase polo xurado do presente concurso.

Concurso fotográfico Verín Aever

Archivado en:Blog Etiquetado con:2016, concurso, Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89
630 35 48 69
info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital